Requeixo de Seabra
| Requeixo de Seabra | |||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||||
Requeixo de Seabra (Requejo de Sanabria en castelán e oficialmente, e Requeixu en leonés) é un concello e localidade española da provincia de Zamora na comunidade autónoma de Castela e León.[1] O xentilicio é «requeixelo».[2]
Encóntrase situado na bisbarra de Seabra, ao noroeste da provincia. Destaca polo seu patrimonio monumental, paisaxístico e ambiental, en especial polo seu bosque de enormes teixos denominado Bosque do Teixedelo, situado nas proximidades da vila e que milagrosamente se salvou dos innumerables incendios que asolan esta comarca.[3]
Requeixo de Seabra foi un concello asturfalante[4] na metade norte e galegofalante na metade sur[2], mais hoxe en día a única lingua que se fala é o castelán. A metade sur non deixou de falar o galego, senón que ficou despoboada.[2]
Demografía
[editar | editar a fonte]| Gráfica de evolución demográfica de Requeixo de Seabra[5] entre 1842 e 2021 |
![]() |
| Poboación de dereito segundo os censos de poboación do INE. Poboación de feito segundo os censos de poboación do INE. |
Flora e fauna
[editar | editar a fonte]Ten grandes masas forestais de carballos e de xestas, destacando o Teixedelo, bosque con teixos e castiñeiros de máis de mil anos de idade. Esta declarado Lugar de importancia Comunitaria (LIC) dentro da Rede Natura 2000.[6]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Casa Consistorial
- Igrexa
- Ermida da Virxe de Guadalupe
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Requejo na páxina web da Deputación de Zamora". Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2013. Consultado o 13 de agosto de 2013.
- 1 2 3 Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 38. ISBN 978-84-8158-706-7.
- ↑ "Requejo na páxina web Del norte de Castilla". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2013. Consultado o 13 de agosto de 2013.
- ↑ A. C. Z. FURMIENTU (13 DE MARZO DE 2016). "TALLER DAS FALAS DE SENABRIA" (PDF). www.furmientu.org. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de febreiro de 2018. Consultado o 2018.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística. "Alteracións dos concellos nos censos de poboación dende 1842". Consultado o 5 de agosto de 2024.
- ↑ "laopiniondezamora.es". Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2010. Consultado o 13 de agosto de 2013.

