Asker é un concello no condado de Akershus en Noruega. Limita cos concellos de Bærum, Røyken e Lier. O nome procede da palabra norueguesa ask, freixo. En Skaugum, dentro dos límites municipais de Asker, encóntrase a residencia oficial do príncipe herdeiro noruegués. O seu equipo de fútbol feminino, o Asker Fotball Kvinner é un dos principais da Toppserien, a liga femina de fútbol.
Xeoloxicamente Asker pertence á fosa tectónica de Oslo, os outeiros de rochabasáltica caracterizan a paisaxe, as rochas sedimentarias do cámbrico forman a chaira e as áreas do litoral que se estenden cara ao fiorde. Asker é un concello rural nos suburbios de Oslo, para onde van traballar a maior parte da poboación, comunicándose por medio do Flytoget, un tren de alta velocidade, sendo a estación de Asker a quinta de Noruega en número de viaxeiros. Cara ao leste Asker ábrese ao fiorde de Oslo, os seus illotes e arrecifes son un destino popular entre os noruegueses, tamén é importante o Museo de Asker.