Saltar ao contido

Atol Fakarava

Atol Fakarava
Vista aérea
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Implicados
 Membro de
Datas
 Descuberta / invención
17 de xullo de 1820 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Situado na entidade xeográfica
 Bañado por
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Anchura
   25 km Editar o valor en Wikidata
 Lonxitude
   60 km Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   1.112 km² Editar o valor en Wikidata
 Fuso horario
Fontes e ligazóns
OpenStreetMap6062901 Editar o valor en Wikidata
VIAF315528813 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/03crsq7 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Fakarava é un atol das Tuamotu, na Polinesia Francesa. Está situado no centro e ao oeste do arquipélago, a 488 km ao nordés de Tahití.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Fakarava é un atol rectangular de 60 km de longo e 25 km de ancho. É o segundo atol máis grande das Tuamotu, logo de Rangiroa, cunha superficie de 16 km²; e unha lagoa de máis de 1.000 km²;. O atol dispón de dous pasos ao interior, un ao norte e outro no sur. O paso do norte de Garuae é o máis grande da Polinesia Francesa. É moi rico en fauna mariña, con raias, mantas, barracudas, meros, tartarugas e golfiños. É un centro importante do mergullo deportivo.

A vila principal é Rotoava, situada ao nordés cerca do paso de Garuae. No paso sur está a vila de Tetamanu, antiga capital da illa e residencia do administrador das Tuamotu durante o século XIX. A poboación total era de 467 habitantes no censo de 1996. O desenvolvemento do turismo, coa construción dun hotel, incrementou a poboación nos últimos anos. Ademais do turismo ao redor do mergullo, a economía baséase na explotación da copra e o cultivo de nácara e perlas.

O atol conta cun aeroporto ao norte, e un porto.

Antigamente era coñecido como Havaiki ou Havai'i, e Farea. O nome sacro Havaiki atópase noutros luigares como Savai'i, Raiatea e Hawai. Outro nome colonial era Wittgenstein. O atol foi descuberto por Bellinghausen en 1820. Foi evanxelizado polo católico Laval en 1849, e construíuse a primeira igrexa en 1850, en Rotoava. Ao final do século XIX foi o centro administrativo das Tuamotu.

Vista da lagoa de Fakarava