Aznalcóllar é un municipio de España na provincia de Sevilla, comunidade autónoma da Andalucía. Atópase situada no bordo meridional da Serra Norte, na ribeira do río Guadiamar.
Ten unha área duns 199 km² e unha poboación de 6.083 habitantes (2020),[1], o que dá unha densidade de poboación de 30,57 hab/km². Encóntrase situada a unha altitude de 155 m e a 36 km da capital provincial, Sevilla.