Saltar ao contido

Batalla de Midway

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Batalla de Midway
Guerra do Pacífico Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Causa
 Resultado
Vitoria decisiva estadounidense
Datas
 Data de comezo
4 de xuño de 1942 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
7 de xuño de 1942 Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Participantes
Líderes
Chester W. Nimitz
Frank Jack Fletcher
Raymond Spruance
Marc A. Mitscher
Thomas C. Kinkaid
Isoroku Yamamoto
Nobutake Kondō
Chūichi Nagumo
Tamon Yamaguchi  
Ryusaku Yanagimoto  
Forzas
3 portaavións

7 cruceiros pesados
1 cruceiro lixeiro
15 destrutores
233 avións en portaaións
127 avións en terra

16 submarinos
4 portaavións

2 acoirazados
2 cruceiros pesados
1 cruceiros lixeiros
12 destrutores
248 avións en portaavións

16 hidroavións
Localización
 Localización
 País
 Coordenadas
Códigos e identificadores
Freebase/m/0gc4b Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Descrito pola fonte
Enciclopedia Galega Universal: 152839 BNE: XX540641
Wikidata G:Commons C:Commons

A batalla de Midway foi a batalla naval máis importante da campaña do Pacífico da segunda guerra mundial. Entre o 4 e o 7 de xuño de 1942, só seis meses despois do ataque xaponés a Pearl Harbor, e un mes despois da batalla do mar do Coral, a Armada dos Estados Unidos derrotou decisivamente á Armada Imperial Xaponesa nun ataque contra o atol de Midway, inflixindo danos irreparables á frota xaponesa. O historiador militar John Keegan chamouna "o golpe máis espectacular e decisivo da historia da guerra naval".[1][2]

A operación xaponesa, ao igual que o anterior ataque a Pearl Harbor, buscaba eliminar os Estados Unidos como unha potencia estratéxica no Pacífico, dándolle así vía libre ao Xapón para crear a súa Esfera de Coprosperidad da Gran Asia Oriental. Os xaponeses agardaban que outra desmoralizante derrota forzase aos Estados Unidos a capitular na Guerra do Pacífico e asegurar así o dominio xaponés no océano.

O plan xaponés era atraer aos portaavións estadounidenses a unha trampa. A súa intención tamén era a de ocupar Midway como parte dun plan maior de estender o seu perímetro defensivo en resposta á incursión Doolittle. Esta operación tamén foi considerada preparatoria para posteriores ataques contra Fiji e Samoa.

O plan viuse entorpecido por erros xaponeses ao supoñer a reacción estadounidense e pola pobre disposición inicial. Hai que destacar tamén que os criptoanalistas estadounidense foron capaces de determinar a data e o lugar do ataque, permitindo á mariña estadounidense estar en garda e preparar unha emboscada. Catro portaavións (Akagi, Kaga, Soryu e Hiryu) e un cruceiro pesado xaponés foron afundidos pola actuación dun portaavións e un destrutor estadounidenses. Despois de Midway, e do desgaste esgotador da campaña nas illas Salomón, os programas de construción naval e adestramento de pilotos non puideron manter o ritmo suficiente para substituír as perdas, mentres que os Estados Unidos aumentaron a súa produción de barcos e aceleraron o adestramento de pilotos.

Expansión naval xaponesa en abril de 1942.
  1. Keegan, John (2005). The Second World War. New York: Penguin Books. ISBN 978-0-14-303573-2.
  2. Symonds, Craig L. (2018). World War II at sea: a global history. New York: Oxford University Press. ISBN 978-0-19-024367-8.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.