Carlos III de Francia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 17 de setembro de 879 Péronne |
| Morte | 7 de outubro de 929 Péronne |
| Lugar de sepultura | collégiale Saint-Fursy de Péronne (en) |
| Monarca da Francia Occidental | |
| 3 de xaneiro de 898 – 30 de xuño de 922 ← Eudes I de Francia – Roberto I de Francia → | |
| Actividade | |
| Ocupación | monarca |
| Outro | |
| Título | King of Lotharingia (en) Rei do Reino Franco (898–922) |
| Familia | Dinastía Carolinxia |
| Cónxuxe | Eadgifu de Wessex (919 (Gregoriano)–929 (Gregoriano)) Frederuna (907 (Gregoriano)–) |
| Fillos | Roricon of Laon ( Ermentrude of France ( Gisela de Francia ( Hildegarde of France ( Lois IV de Francia ( |
| Pais | Lois II de Francia |
| Irmáns | Ermentrude of France Gisela Carlomán II Lois III de Francia |
| Cronoloxía | |
| nacemento póstumo | |
| Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron The Nuttall Encyclopædia >>>:Charles III., The Simple Enciclopedia soviética armenia, volume 5, (p.325) |
Carlos III, tamén coñecido como o Simple (como sinónimo de honesto non de torpe), nado o 7 de xaneiro ou 17 de setembro de 879 en Péronne (Somme) e finado o 7 de outubro de 929, foi rei de Francia occidental entre 893 e 923.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Lois II de Francia o Tatexo e de Adelaida de Friúl, no momento da morte de seu pai e seus irmáns era demasiado novo para reinar, polo que o emperador carolinxio Carlos III o Gordo tomou a coroa e os nobres do reino escolleron a Eudes, Conde de París, como rei de Francia occidental. Porén finalmente o 28 de xaneiro de 893 coroouse como rei de Francia en Reims, se ben non puido acceder ao trono ata a morte de Eudes no ano 898.
Xa no trono deulle solución ao continuo problema das invasións viquingas. En 911 asinou o Tratado de Saint-Clair-sur-Epte, segundo o cal acordou co caudillo viquingo Hrolf Ganger a concesión de Normandía a cambio da promesa de protexer a costa de Francia e o río Sena da pillaxe viquinga, a promesa de vasalaxe, a conversión ao catolicismo e o matrimonio coa filla do rei francés, Gisela.
Por outro lado a nivel interno non puido limitar o poder dos señores feudais, que se organiza en torno aos numerosos torreóns, loitando especialmente contra Xilberto de Lorena, Raúl de Borgoña e o futuro Roberto I, irmán de Eudes e avó de Hugo Capeto.
Á morte de Lois IV, último rei carolinxio de Xermania, Carlos reivindicou a rexión de Lorena e fixo valer os seus dereitos ao Imperio, porén é derrotado polo xermano Henrique o paxareiro, futuro Henrique I.
Roberto, conde de París e irmán do anterior rei, fomentou unha revolta contra a coroa e os seus partidarios escollérono como rei so o nome de Roberto I e o 29 de xuño de 922 Carlos III renunciou, obrigado, ao trono, mais contraatacou dende Lorena enfrontándose ao usurpador na batalla de Soissons o 15 de xuño de 923. Nesa batalla morreu Roberto I, mais o seu fillo, Hugo Capeto, derrotou a Carlos III.
Despois deste enfrontamento os señores feudais de Francia non recoñeceron como rei ningún dos contendentes, escollendo a Raul de Borgoña, que sería coroado co nome de Raúl I de Francia.
Carlos III refuxiouse na casa do seu vasalo Herberto II de Vermandois, quen o fixo prisioneiro no Castelo de Péronne (Somme) a causa dos seus lazos familiares con Roberto I, xa que a súa irmá era a esposa deste.
Finalmente morre en 929 despois de seis anos de cativerio.
Descendencia
[editar | editar a fonte]- Con Frédérune:
- Giséle
- Rothrude
- Hildegarde
- Frérone
- Ermentrude
- Adélaïde
- Con Edwige de Wessex, filla de Eduardo o Vello, rei de Wessex:
- Lois IV de Francia, rei de Francia entre 936 e 954.
- Fillos bastardos:
- Arnulf
- Drogon
- Roricon
- Alpaïs
| Predecesor: |
Rei de Francia occidental 898 - 922 |
Sucesor: |
| Predecesor: Lois O Neno |
Rei de Lotarinxia 911 - 923 |
Sucesor: Henrique I O Paxareiro |