Cerdedo Cotobade
| Cerdedo Cotobade | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||
Cerdedo Cotobade[1] é un concello da provincia de Pontevedra creado o 22 de setembro de 2016 a partir da fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade.[2]
Ten 5.815 habitantes (suma de datos do IGE 2018)[3] e unha superficie de 214,5 km². Limita cos concellos de Pontevedra, O Campo Lameiro, A Estrada, Forcarei, A Lama e Ponte Caldelas.[4]
Xeografía
[editar | editar a fonte]Demografía
[editar | editar a fonte]Para os históricos de poboación anteriores a 2015 véxanse as páxinas do concello de Cerdedo e do concello de Cotobade.
| Evolución da poboación | ||
|---|---|---|
![]() | ||
| Censo total | 5.815 (2015) | |
| Menores de 16 anos | 536 (9.22 %) | |
| Entre 16 e 64 anos | 3.301 (56.77 %) | |
| Maiores de 65 anos | 1.978 (34.01 %) | |
Historia
[editar | editar a fonte]Fusión Cerdedo Cotobade
[editar | editar a fonte]A principios de 2016 iniciouse un proceso de fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade.[5] O 7 de xullo do mesmo ano os dous concellos desestimaron as alegacións sobre a fusión completando os trámites municipais.[6] A pesar dos rexeitamentos,[7][8][9][10] a fusión fíxose oficial o 18 de outubro de 2016.[11]
Votación da fusión
[editar | editar a fonte]Cerdedo
[editar | editar a fonte]| VOTOS | ||
|---|---|---|
| SI | 6 | 0 |
| NON | 0 | 2 |
| AUSENTE | 1 | 0 |
Cotobade
[editar | editar a fonte]| VOTOS | ||
|---|---|---|
| SI | 7 | 0 |
| NON | 0 | 4 |
Cultura
[editar | editar a fonte]

Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo procede da combinación dos do concello de Cerdedo e do concello de Cotobade trala súa fusión. Inicialmente escribiuse cun trazo entre os dous nomes ata que a Xunta de Galicia o retirou dentro da serie de cambios toponímicos aprobados mediante o Decreto 27/2026, do 30 de marzo, publicado no DOG do 10 de abril.
Cerdedo
[editar | editar a fonte]Cerdedo, como Cerdido, é un fitotopónimo abundancial: podería proceder tanto de quercetum, debido á presenza de carballos da zona, como de cer(e)setum, neste caso de cerdeiras[12].
Cotobade
[editar | editar a fonte]En ocasións pensouse que o topónimo Cotobade derivaba de couto do abade, dado que toda a comarca pertencía á antiga xurisdición que exercía o superior do convento de bieitos de Tenorio, e como tamén mal referenciara o Padre Sarmiento. O nome aparece referenciado ao logo da historia coma: Castro Cutubade cum tota terra sua (ano 1180); Terra que dicitur Montes in qua est castellum Cutubadi (ano 1182), Terra que dicitur Montes in qua est castellum Cutubadi (ano 1188); castrum quod dicitur Cotobadi cum pertinentiis suis (ano 1199), castrum quod dicitur Cotobade (ano 1225). Cotobade débese descompoñer en coto, palabra galaica de orixe prerromana *Cotto (…) e un nome persoal en xenitivo Bade, o cal se repite illado na toponimia galega e parece que non é aférese de abbas -atis, "abade", senón o antropónimo Vatis (Ares 2001:74). [13]
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Patrimonio arqueolóxico[14]
[editar | editar a fonte]- Calzada do monte Pé da Múa.
- Petróglifos de Pedra das Ferraduras, na parroquia de San Xurxo de Sacos e de Portela da Laxe, na parroquia de Viascón.
Patrimonio arquitectónico[15][16]
[editar | editar a fonte]- Igrexa de San Martiño de Rebordelo.
- Igrexa de San Xurxo de Sacos.
- Igrexa de Santa María de Sacos.
- Mosteiro de San Pedro de Tenorio.
- Ponte sobre o río Lérez.
- Capela de Santo Antón en San Xoán de Cerdedo.
- Capela de San Bartolomeu en Chamadoira.
Etnografía
[editar | editar a fonte]Festas e celebracións
[editar | editar a fonte]- A festa da vincha, celebrada durante o entroido en Cerdedo;[17]
- A festa do xabarín, celebrada en abril en Cerdedo;[18]
- A rapa das bestas, celebrada no mes de agosto en Cuspedriños;
- A festa do requeixo, celebrada en xuño en A Corredoira;
- A festa da filloa, celebrada en setembro en Valongo.
Política e goberno
[editar | editar a fonte]Até as eleccións municipais de 2019, o concello está rexido por unha comisión xestora de 20 membros. O presidente da xestora é o anterior alcalde de Cotobade, Jorge Cubela e o vicepresidente o de Cerdedo, José Balseiros.[19] Nas primeiras eleccións para o novo concello, Cubela encabezou a candidatura do Partido Popular, obtivo maioría absoluta e converteuse no primeiro alcalde do municipio; pola súa parte, Balseiros, xa deputado autonómico desde 2016, apoiou a mesma lista presentándose como suplente.
Eleccións municipais Cerdedo Cotobade de 2019
[editar | editar a fonte]| Partidos políticos | Escanos | Votos | Escanos repartidos |
|---|---|---|---|
| PPdeG | 9 | 2.533 | 9 / 13 |
| PSdeG-PSOE | 3 | 968 | 3 / 13 |
| BNG | 1 | 337 | 1 / 13 |
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Cerdedo Cotobade.
- Igrexa parroquial de Pedre.
- Ponte romana sobre o río Lérez.
- Capela de Santo Antón en San Xoán de Cerdedo.
- Capela de San Bartolomeu en Chamadoira.
- Igrexa parroquial de Santa María de Aguasantas.
- Muíño con acueduto no rego de Chan das Latas.
- Antiga casa do concello de Cerdedo.
Parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Cerdedo Cotobade
[editar | editar a fonte]- Para unha lista completa vexa lugares de Cerdedo Cotobade.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "De Cangas a Riós: doce concellos cambiarán de nome". Praza Pública. 2025-07-18. Consultado o 2025-07-19.
- ↑ DECRETO 134/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba a fusión voluntaria dos municipios de Cerdedo e Cotobade e se constitúe o municipio de Cerdedo-Cotobade., DOG nº 197, de 17 de outubro de 2016.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 23 de abril de 2021.
- ↑ Piñeiro, Á. (18 de outubro de 2016). "A Xunta oficializa a fusión de Cerdedo-Cotobade e a Galicia dos 313 concellos". Diario de Pontevedra. Consultado o 18 de outubro de 2016.
- ↑ Cerdedo-Cotobade recibirá 1,6 millones de la Xunta si culminan la fusión antes del 30 de octubre
- ↑ Cerdedo y Cotobade completan el último trámite municipal para su fusión al aprobar en pleno el dictamen de alegaciones
- ↑ Rechazo frontal de la Diputación a la fusión de Cotobade y Cerdedo
- ↑ ¿Deben fusionarse Cotobade y Cerdedo?
- ↑ Em maos incompetentes: sobre a fusom Cerdedo-Cotobade
- ↑ Palestra sobre o projeto de fusom Cerdedo-Cotobade
- ↑ La Xunta oficializa la fusión de Cerdedo-Cotobade y la Galicia de los 313 concellos
- ↑ Navaza Blanco, Gonzalo (2006). Fitotoponimia galega (PDF). A Coruña: Fundación Barrié. p. 208. ISBN 84-95892-53-7.
- ↑ Gonzalo Navaza: "Cotobade. Nin couto nin abade" Arquivado 10 de maio de 2019 en Wayback Machine. Portal das Palabras, RAG.
- ↑ Sitios arqueolóxicos en Cotobade.
- ↑ Patrimonio relixioso de Cotobade
- ↑ Patrimonio civil de Cotobade
- ↑ La Festa da Vincha de Cerdedo celebra sus 10 años de historia con una concurrida edición
- ↑ 6ª Festa do Xabarín
- ↑ "Cerdedo-Cotobade xa ten xestora para pilotar o rumbo do municipio ata 2019". El Progreso. 20 de outubro de 2016. Consultado o 15 de novembro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cerdedo Cotobade |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |

