Saltar ao contido

Coronaviridae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coronaviridae
 Nome taxon
    Coronaviridae Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Estudado por
 Categoría taxonómica
Características
 Composición do xenoma vírico
Clasificación taxonómica
 ReinoOrthornavirae
 FiloPisuviricota
 ClasePisoniviricetes
 OrdeNidovirales
 FamiliaCoronaviridae Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/05d6yp Editar o valor en Wikidata
MeSHD003332 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2776844884 Editar o valor en Wikidata
CoL8KT Editar o valor en Wikidata
EOL5029 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Coronaviridae é unha familia de virus de ARN monocatenario de sentido positivo e con envoltura. O seu xenoma ten unha lonxitude de 26 a 32 kb. As partículas destes virus son esféricas e están tipicamente decoradas con grandes (~20 nm) proxeccións que saen da súa superficie con forma de maza ou pétalo, que son os “peplómeros” ou “espículas”, as cales na micrografías de microscopio electrónico crean unha imaxe que parece unha coroa solar. Moitos membros desta familia denomínanse comunmente coronavirus.

Viroloxía

[editar | editar a fonte]
Diagrama da estrutura dun virión de coronavirus

Os extremos 5' e 3' do seu xenoma teñen unha caparuza 5' e unha cola poli(A), respectivamente. A envoltura viral, que o virus toma ao evaxinarse das membranas do retículo endoplasmático e aparato de Golgi, invariablemente contén dúas glicoproteínas específicas do virus, chamadas S e M. A glicoproteína S constitúe as grandes proxeccións superficiais, mentres que a proteína M é unha proteína transmembrana que atravesa tres veces a membrana.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

A familia Coronaviridae está dividida en dúas subfamilias, 5 xéneros, 23 subxéneros e unhas 40 especies[1]:

  1. ↑ "Virus Taxonomy: 2018 Release". International Committee on Taxonomy of Viruses (ICTV) (en inglés). Outubro de 2018. Arquivado dende o orixinal (html) o 20 de marzo de 2020. Consultado o 24 de xaneiro de 2019.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]