Saltar ao contido

Der Rosenkavalier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Der Rosenkavalier
 Título
    Der Rosenkavalier (de) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
 Forma artística
 Discografía
 Lingua
Implicados
 Compositor/a
 Letra de
 Libretista
Datas
 Fundación / creación
1910 Editar o valor en Wikidata
 Data de publicación
século XX Editar o valor en Wikidata
 Data de estrea
26 de xaneiro de 1911 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Número de partes
   3 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar estrea
Fontes e ligazóns
VIAF177312298 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02zjwm Editar o valor en Wikidata
 Descrito pola fonte
IMSLP: Der_Rosenkavalier,_Op.59_(Strauss,_Richard) Allmusic: mc0002371222 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Der Rosenkavalier (en galego, O cabaleiro da rosa) é unha ópera cómica en tres actos con música de Richard Strauss e libreto en alemán de Hugo von Hofmannsthal e o propio compositor. Tivo a súa estrea no Semperoper de Dresden o 26 de xaneiro de 1911 baixo a dirección de Ernest von Schuch e a dirección artística de Alfred Roller.

Logo de compoñer óperas como Salomé (1905) e Elektra (1909), onde asomaba a politonalidade, a atonalidade e o paroxismo expresionista, cun texto dramático influído polo vocabulario freudiano das paixóns humanas, Strauss comunicou a Von Hofmannsthal o seu desexo de compoñer unha ópera distinta, ao estilo da ópera mozartiana, lixeira, humorística e ambientada na sociedade do século XVIII (Le nozze di Figaro).

A diferenza das óperas anteriores, o libreto de Von Hofmannsthal é orixinal; é dicir, non está baseado en obras literarias existentes. No bosquexo inicial, os protagonistas ían ser o barón Ochs e Octavian. Porén, a medida que avanza a escritura da obra, a personaxe da Mariscala creceu e afirmouse a si mesma ata transformarse nun rol protagonista.

O título da ópera alude a un costume inexistente inventado por Von Hofmannsthal, que serve de escusa para o desenvolvemento argumental.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
Personaxe Tesitura Elenco na estrea, 26 de xaneiro de 1911
Director: Ernst von Schuch
Octavian (Conde de Rofrano, rapaz de 17 anos) mezzosoprano Eva von der Osten
A Mariscala (Princesa de Werdenberg, dona dun mariscal imperial) soprano Margarethe Siems
Barón Ochs von Lerchenau (curmán da Mariscala) baixo Karl Perron
Sophie von Faninal (Rapariga rica e casadeira) soprano Minnie Nast
Faninal (Rico burgués, pai de Sophie) barítono Karl Scheidemantel
Marianne Leitmetzerin (Doncela de Sophie) soprano Riza Eibenschütz
Annina (Intrigante ao servizo do Barón) contralto Erna Freund
Valzacchi (Compañeiro de Anninna) tenor Hans Rüdiger
Cantante italiano tenor Fritz Soot
Un notario baixo Ludwig Ermold
Un pousadeiro tenor Josef Pauli
Serventes, policías, camareiros etc.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.