Saltar ao contido

Emilia-Romaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Emilia-Romaña
 Nome orixinal
    Emilia-Romagna (it) Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
emiliano-romagnolo (it)
Emiljec (sl)
Romanjec (sl)
prebivalka Emilije - Romanje (sl)
Emiljka (sl)
prebivalec Emilije - Romanje (sl)
emiliano-romagnoli (it)
emiliano-romagnole (it)
emiliano-romagnola (it)
Romanjka (sl) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
 Composto por
 Epónimo
Características
 Economía
Implicados
 Xefe do goberno
Cargo: president of Emilia-Romagna (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Michele De Pascale (2024 - )
Enrico Boselli (1990 - 1993)
Luciano Guerzoni (en) Traducir (1987 - 1990)
Lanfranco Turci (1977 - 1987)
Sergio Cavina (en) Traducir (1976 - 1977)
Pier Luigi Bersani (1993 - 1996)
Stefano Bonaccini (2014 - 2024)
Antonio La Forgia (1996 - 1999)
Vasco Errani (1999 - 2014)
Guido Fanti (1970 - 1976) Editar o valor en Wikidata
 Órgano lexislativo
 Órgano executivo
Localización
 Situado en
 Xeografía
 Bañado por
 Capital
 Comparte fronteira con
 Irmandado con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
   4.459.477 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Índice desenvolvemento humano
   0,909 (2017) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   22.123,09 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   211 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
OpenStreetMap42611 Editar o valor en Wikidata
VIAF136128383 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000107233489 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/015m08 Editar o valor en Wikidata
NUTSITH5 Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Twitter: RegioneER BNE: XX451100 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Emilia-Romaña[1][2] ou Emilia-Romana[3] (en italiano: Emilia-Romagna, en emiliano-romañolo: Emégglia-Rumâgna) é unha rexión da Italia setentrional de 4,2 millóns de habitantes, con capital en Boloña. Limita ao leste co mar Adriático, ao norte co Véneto e a Lombardía, ao oeste co Piemonte e a Liguria, ao sur coa Toscana, As Marcas e a República de San Marino.

A rexión está composta por dúas rexións históricas: a Emilia, que comprende as provincias de Piacenza, Parma, Reggio, Módena, Ferrara e boa parte da provincia de Bologna, coa súa capital, e a Romaña (Romagna), coas provincias de Rávena, Rimini e Forlì, así como Cesena e a parte oriental da provincia de Bologna (Imola e zonas limítrofes). A Romaña histórica comprende pequenos territorios nas Marcas e na Toscana.

As áreas que constitúen a rexión actual están poboadas dende tempos remotos, como así o indican varios achados: o caso máis famoso é o sito en Monte Poggiolo, onde foron encontrados importantes restos arqueolóxicos, cunha antigüidade estimada de 800.000 anos, demostra que a zona xa estaba habitada no paleolítico.

A identidade romaña sempre foi máis forte que a emilia. A partir do ano 568 (ano no que chegaron os longobardos á chaira padana) até 1869, o territorio da actual Emilia foi chamado Lombardía (ou Longobardía, en contraposición á Romania, a actual Romaña). Os seus habitantes eran definidos como lombardos. Esta definición foi imposta polos longobardos despois de invadir parte do territorio da rexión romana composta polas cidades de Forum Livii (Forlì), Forum Cornelii (Imola), Faventia (Faenza), Bononia (Bologna), Mutina (Módena) e Regium (Reggio Emilia).

No momento da invasión franco-piemontesa, para evitar a constitución dun bloque lombardo demasiado potente, a dinastía dos Savoia creou ex nihilo o concepto de "Emilia". Isto supuxo o cambio de moitos topónimos. Por exemplo, Reggio Emilia, antes da unidade de Italia, era chamada simplemente Reggio ou Reggio di Lombardía.

Antigos Estados da rexión

[editar | editar a fonte]

As principais entidades estatais históricas que caracterizaron o territorio da rexión son o Ducado de Parma e Piacenza, o Ducado de Módena e Reggio e o Ducado de Ferrara. Romaña formou parte, durante doce séculos do Estado Pontificio, mentres Boloña foi durante algúns períodos cidade de fronteira entre Longobardía e Romanìa.

Demografía

[editar | editar a fonte]

As principais cidades da rexión son:

Cidade Poboación (2006)
Boloña 373,743
Módena 180,469
Parma 175,789
Reggio Emilia 157,388
Rávena 149,084
Rimini 135,682
Ferrara 132,471
Forlì 112,477
Piacenza 99,340
Cesena 93,857
Imola 66,340
Carpi 64,517
Faenza 54,749

Universidades

[editar | editar a fonte]

Na rexión están presentes catro universidades, todas na Emilia:

En todas as outras capitais están presentes sedes destacadas con facultades autónomas, como por exemplo as sedes da Universidade de Bologna presentes en Romaña (Forlì, Cesena, Rávena e Rimini), da Universidade Católita de Milán e do Politécnico de Milán en Piacenza.

Economía

[editar | editar a fonte]
Entrada da factoría de Ferrari en Maranello, preto de Módena

En Emilia-Romaña a economía está moi desenvolvida. As típicas industrias son propiedades familiares en forma de pequenas e medianas empresas, non existen grandes grupos multinacionais á parte dos alimentarios e automobilísticos. Pola contra, ten multitude de cooperativas, sobre todo na zona de Reggio Emilia e Módena.

No sector primario, a rexión conta cun forte desenvolvemento en toda a parte da chaira padana e na Romaña. O sector secundario é sen dúbida o máis desenvolvido: nas áreas que van de Bologna a Reggio Emilia hai unha altísima taxa de industrias mecánicas e téxtiles. Son coñecidos en todo o mundo os vehículos producidos na área de Módena: Ducati, Ferrari, Lamborghini e Maserati. Na zona de Parma está máis desenvolvida a industria alimentar (Parma foi elixida sede da Autoridade Europea para a Seguridade dos Alimentos, a EFSA (European Food Safety Authority). En Ravena predomina a industria química e ten o maior porto do mar Adriático.

O sector terciario tamén está bastante desenvolvido. A ribeira romañola é centro de atracción turística, tanto no verán (pola ampla oferta hostaleira), como noutras épocas do ano polos numerosos locais para lecer xuvenil. O turismo é predominantemente nacional, así como alemán e holandés. Tamén ten moita importancia o turismo cultural nas cidades con maior capital artístico.

A rexión é un importante nodo comercial do país, contando cunha importante rede de infraestruturas tanto viarias como ferroviarias.

Emilia-Romaña é unha das rexións máis ricas de Italia e Europa e é exerce unha importante atracción como punto de inmigración.

  1. «Emilia-Romaña». Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato, ed. (2007). Diciopedia do século 21 2. Editorial Galaxia. p. 763. ISBN 9788482893600.
  2. González Rei, Begoña (2004). Ortografía da lingua galega. Galinova Editorial. ISBN 978-8497370417.
  3. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1304. ISBN 9788482887524.