O elizate de Etxebarria é un concello da provincia vasca de Biscaia, pertencente á comarca do Lea Artibai cunha poboación de 812 habitantes segundo os datos do INE correspondentes ao ano 2006. A extensión do municipio é de 18,10km² polo que a densidade de poboación é de 44,86 hab./km².
Situada nas proximidades de Markina-Xemein recibe en éuscaro tamén o nome de Etxebarria para distinguilo da outra localidade biscaíña de Etxebarri situada no Gran Bilbao.
Etxebarria significa a casa nova no dialecto biscaíño do éuscaro e é un topónimo e apelido vasco bastante común.
Nota: Este gráfico xerouse automaticamente a partir de datos recollidos de Wikidata. Se precisa cambiar ou actualizar algún dos datos, fágao no propio Wikidata.