Saltar ao contido

Gallirallus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Gallirallus
 Nome taxon
    Gallirallus
Frédéric de Lafresnaye 1841 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdeGruiformes
FamiliaRallidae
XéneroGallirallus Editar o valor en Wikidata
Lafresnaye, 1841 Gallirallus Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Gallirallus é un xénero de rálidos que viven na rexión de Australasia-Pacífico. O xénero caracteízase pola capacidade de colonizar illas relativamente pequenas e afastadas nas que evoluciona a formas non voadoras, moitas das cales se extinguiron despois do establecemento das illas polos polinesios.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

O xénero Gallirallus creouse en 1841 polo ornitólogo francés Frédéric de Lafresnaye para incluír unha soa especie, Gallirallus brachypterus Lafresnaye.[1] Esta é a especie tipo. O nome é un sinónimo junior de Rallus australis Sparman, 1786, chamado polos maorís weka.[2] O nome do xénero é unha palabra composta dos nomes do xénero Gallus que creara Mathurin Jacques Brisson en 1760 para as galiñas, e do xénero Rallus que fora introducido por Carl Linné en 1758 para as zurrascas.[3]

O xénero Gallirallus inclúe agora especies que antes estaban situadas nos xéneros Aptenorallus, Habroptila, Eulabeornis, Cabalus e Hypotaenidia.[4] Baseándose en análises xenéticas que mostraron lonxitudes de rama nas árbores filoxenéticas relativamente pouco profundas e ás veces relacións conflitivas,[5][6] os cinco xéneros foron mergullados no xénero amplo Gallirallus.[7]

Descrición

[editar | editar a fonte]

Moitos dos rálidos, incluíndo o weka de Nova Zelandia, son non voadoras ou case. Moitos dos endemismos resultantes non voadores das illas extinguíronse coa chegada dos humanos a elas, os cales cazaban estas aves como alimento, introduciron novos predadores, como ratas, cans ou porcos e alteraron os ecosistemas locais. Un nome común polinesio para estes rálidos, principalmente emparentados con G. philippensis, é veka/weka (e non só para a especie neozelandesa Gallirallus australis).

Por outra parte, as especies de Gallirallus son (coa excepción do weka de Nova Zelandia) aves notoriamente discretas e tímidas xeralmente con coloración parda apagada.

O xénero contén 18 especies. Delas, 6 extinguíronse en tempos históricos.[7]

ImaxeNome comúnNome científicoDistribución
Gallirallus calayanensis
(antes en Aptenorallus)
Illa Calayan (ao norte das Filipinas)
Gallirallus wallacii
(antes en Habroptila)
Halmahera (ao norte das illas Molucas)
Gallirallus castaneoventris
(antes en Eulabeornis)
illas Aru (sueste de Nova Guinea) e costa norte de Australia
WekaGallirallus australisilla Norte, illa Sur, illa Stewart e satélites (Nova Zelandia)
Gallirallus lafresnayanus
(antes en Cabalus)
bosques de Nova Caledonia (probablemente extinta; sen rexistros desde 1890)
Gallirallus sylvestris
(antes en Hypotaenidia)
illa Lord Howe (ao leste de Australia)
Gallirallus okinawae
(antes en Hypotaenidia)
bosques e bordos desde as terras baixas a cuíñas do norte de Okinawa (illas Ryukyu, ao sur do Xapón)
Gallirallus pacificus
(antes en Hypotaenidia)
antes vivía en Tahití e as illas da Sociedade ao leste adxacentes; extinto, último rexistro en 1800
Gallirallus philippensis
(antes en Hypotaenidia)
De Filipinas a Australia e as illas do Pacífico
Gallirallus modestus
(antes en Cabalus)
antes vivía nas illas Chatham; extinta, último rexistro en 1900
Gallirallus dieffenbachii
(antes en Hypotaenidia)
antes vivía nas illas Chatham; extinta, últimorexistro en 1900
Gallirallus insignis
(antes en Hypotaenidia)
boques de Nova Bretaña (sueste do arquipélago Bismarck)
Gallirallus woodfordi
(antes en Hypotaenidia)
illas Salomón
Gallirallus poecilopterus
(antes en Eulabeornis)
antes vivía en Viti Levu e Ovalau, Fixi (oeste de Polinesia); extinta, último rexistro en 1973
Gallirallus owstoni
(antes en Hypotaenidia)
bosques de Guam (sur das illas Marianas); extinta na natureza ata que foi reintroducida con éxito na illa Rota (na parte máis ao sur das Illas Marianas Setentrionais) e illas Cocos (xusto ao sur de Guam)
Gallirallus wakensis
(antes en Hypotaenidia)
antes vivía na illa Wake; extinta, último rexistro en 1944
Gallirallus torquatus
(antes en Hypotaenidia)
Filipinas, illotes fronte a Sabah (Malaisia), Sulawesi e satélites e oeste de Nova Guinea
Gallirallus rovianae
(antes en Hypotaenidia)
Illas de Nova Xeorxia (zona centro oeste das illas Salomón)

Especies extintas antes do 1500 d.C.

[editar | editar a fonte]
Ilustración dunha especie extinta non identificada (posiblemente G. vekamatolu) de Vava'u, 1793

Á parte do weka, todas as especies clasificadas no xénero Gallirallus son coñecidas só por restos subfólsiles, e extinguíronse no evento de extinción do Cuaternario. Dados os recentes cambios taxonómicos é posible que estes poidan pertencer a xéneros diferentes, pero actualmente mantéñense no xénero Gallirallus debido á incerteza existente.[8]

  1. de Lafresnaye, Frédéric (1841). "Nouvelle espèces d'oiseaux". Revue Zoologique (en French e Latin): 241–243 [243].
  2. Dickinson, E.C.; Remsen, J.V. Jr., eds. (2013). The Howard & Moore Complete Checklist of the Birds of the World. 1: Non-passerines (4ª ed.). Eastbourne, UK: Aves Press. p. 154. ISBN 978-0-9568611-0-8.
  3. Jobling, James A. "Gallirallus". The Key to Scientific Names. Cornell Lab of Ornithology. Consultado o 23 de setembro de 2025.
  4. Dickinson, E.C.; Remsen, J.V. Jr., eds. (2013). The Howard & Moore Complete Checklist of the Birds of the World. 1: Non-passerines (4ª ed.). Eastbourne, UK: Aves Press. pp. 153–155. ISBN 978-0-9568611-0-8.
  5. Garcia-R, J.C.; Lemmon, E.M.; Lemmon, A.R.; French, N. (2020). "Phylogenomic reconstruction sheds light on new relationships and timescale of rails (Aves: Rallidae) evolution". Diversity 12 (2): 70. doi:10.3390/d12020070.
  6. Kirchman, J.J.; Rotzel McInerney, N.; Giarla, T.C.; Olson, S.L.; Slikas, E.; Fleischer, R.C. (2021). "Phylogeny based on ultra-conserved elements clarifies the evolution of rails and allies (Ralloidea) and is the basis for a revised classification". Ornithology 138 (4 (número de artigo: ukab042)). doi:10.1093/ornithology/ukab042.
  7. 1 2 AviList Core Team (2025). "AviList: The Global Avian Checklist, v2025". doi:10.2173/avilist.v2025. Consultado o 2 de novembro de 2025.
  8. 1 2 Salvador, Rodrigo B.; Anderson, Atholl; Tennyson, Alan J.D. (2021). "An Extinct New Rail (Gallirallus, Aves: Rallidae) Species from Rapa Island, French Polynesia.". Taxonomy 1 (4): 448–457. doi:10.3390/taxonomy1040032.
  9. 1 2 3 Kirchman, Jeremy J.; Steadman, David. (2007). "New species of extinct rails (Aves: Rallidae) from archaeological sites in the Marquesas Islands, French Polynesia.". Pacific Science 61 (1): 145–163. doi:10.1353/psc.2007.0008. hdl:10125/22605. Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2014.
  10. "Gallirallus huiatua; holotype". Collections Online. Museum of New Zealand Te Papa Tongarewa. Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2012. Consultado o 16 de xullo de 2010.
  11. Steadman, David W.; Worthy, Trevor H.; Anderson, Atholl; Walter, Richard. (1 de xuño de 2000). "New species and records of birds from prehistoric sites on Niue, southwest Pacific.". Wilson Bulletin 112 (2): 165–186. doi:10.1676/0043-5643(2000)112[0165:NSAROB]2.0.CO;2. Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2007.
  12. Steadman, D. W. (1986). "Two new species of rails (Aves: Rallidae) from Mangaia, Southern Cook Islands.". Pacific Science 40 (1): 27–43.
  13. Worthy, Trevor H.; Bollt, Robert. (1 de xaneiro de 2011). "Prehistoric birds and bats from the Atiahara site, Tubuai, Austral Islands, East Polynesia.". Pacific Science 65 (1): 69–86. doi:10.2984/65.1.069. hdl:10125/23211. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2014.
  14. Unha ave similar atopouse viva na illa próxima de Vava‘u en 1793. Dado que G. vekamatolu ra non voadora, esta pode representar en realidade unha especie emparentada.
  15. Kirchman, J.J.; Steadman, D. W. (2005). "Rails (Aves: Rallidae: Gallirallus) from prehistoric sites in the Kingdom of Tonga, including description of a new species.". Proceedings of the Biological Society of Washington 118 (2): 465–477. doi:10.2988/0006-324x(2005)118[465:rargfp]2.0.co;2.
  16. "State Library of New South Wales". Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2023. Consultado o 6 de xaneiro de 2023.
  17. Worthy, Trevor H.; Burley, David V. (2020). "Prehistoric avifaunas from the Kingdom of Tonga". Zoological Journal of the Linnean Society 189 (3): 998–1045. doi:10.1093/zoolinnean/zlz110.

Véxase tmén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]