Lelystad é a capital da provincia de Flevoland, nos Países Baixos. Ten unha poboación de 73.793 habitantes (2008). Fundada en 1967, transformouse en municipio en 1980. A cidade atópase aproximadamente a 5 metros baixo o nivel do mar. A maior parte da cidade está construída sobre pólders, terreo gañado ao mar e emprega canles como rúas.
En Lelystad, está a sede do fabricante de automóbiles, Donkervoort (Donkervoort Automobielen BV).