Saltar ao contido

Minas Xerais

Minas Xerais
 Nome curto
MG (pt)
MG (pt-br) Editar o valor en Wikidata
 Nome orixinal
    Estat de Minas Gerais (pt) Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
    mineiro (pt-br) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Epónimo
 Himno
Características
 Economía
Implicados
 Xefe do goberno
Cargo: governador de Minas Gerais (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Romeu Zema (pt) Traducir (2019 - ) Editar o valor en Wikidata
 Órgano lexislativo
 Órgano executivo
Datas
 Fundación / creación
1889 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Historia
 Substitúe
Província de Minas Gerais (pt) Traducir (1821 - 1889) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Xeografía
 Capital
 Contén división administrativa
 Irmandado con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
19.597.330 (2010)
20.869.101 (2015) estimación
21.119.536 (2017) estimación
20.539.989 (2022) censo demográfico do Brasil de 2022 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Índice desenvolvemento humano
0,761 (2018)
0,626 (1990)
0,633 (1991)
0,64 (1992)
0,648 (1993)
0,655 (1994)
0,664 (1995)
0,671 (1996)
0,676 (1997)
0,679 (1998)
0,683 (1999)
0,69 (2000)
0,696 (2001)
0,703 (2002)
0,698 (2003)
0,7 (2004)
0,703 (2005)
0,703 (2006)
0,707 (2007)
0,717 (2008)
0,719 (2009)
0,726 (2010)
0,73 (2011)
0,734 (2012)
0,752 (2013)
0,756 (2014)
0,756 (2015)
0,757 (2016)
0,76 (2017) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   586.514 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   1.193 m Editar o valor en Wikidata
 Punto máis alto
    Pico da Bandeira (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
OpenStreetMap315173 Editar o valor en Wikidata
VIAF139547738 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01gh6z Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
BNE: XX456087
Wikidata G:Commons C:Commons

Minas Xerais (en portugués, Minas Gerais) é o cuarto maior estado do Brasil, cunha extensión semellante á de Francia: 588 384,30 km². Localízase no Sueste e ten coma límites ó norte e nordeste a Baía, ó leste o Espírito Santo, ó sursueste o Estado do Río de Xaneiro, ó sur e suroeste o estado de São Paulo, ó oeste o Mato Groso do Sur e ó noroeste o estado de Goiás.

A exploración da rexión iniciouse no comezo do século XVI, por bandeirantes (exploradores) orixinarios de San Paulo, que buscaban ouro e pedras preciosas. En 1693 as primeiras descubertas importantes de ouro na serra do Sabaraçu provocaron un grande afluente de persoas. En 1696 fundouse a primeira freguesía, Nosa Señora do Ribeirão do Carmo, que en 1711 tornouse a primeira vila da rexión e actualmente chámase Mariana.

Igrexa de San Francisco de Asís, en São João del Rei, cidade fundada durante o Ciclo do Ouro.

Durante a primeira metade do século XVIII, Minas Xerais tornouse a máis importante rexión económica do Brasil. En 1720 foi separada de San Paulo e tornouse capitanía. Entre tanto, a produción de ouro comezou a caer despois de 1750, o que levou Portugal a buscar medios de aumentar a recadación de impostos, xerando a mecha dunha conspiración coñecida na historia como Inconfidencia Mineira.

Coa independencia do Brasil en 1822, a capitanía volveuse provincia do Imperio. Despois da proclamación da república en 1889, tornouse estado.

Durante o século XIX e comezos do século XX, o café e o gando foron dous importantes produtos na súa economía. Despois da segunda metade do século XX, a minería de ferro, a produción de enerxía hidroeléctrica en Furnas e Tres Marías, a siderurxia e o crecemento de parques industriais en varias cidades (especialmente na rexión metropolitana da capital, ó sur do estado, en Juiz de Fora e no Triângulo Mineiro ó oeste) trouxeron unha acentuada diversificación económica. Hoxe é o terceiro estado en actividade económica do Brasil, despois de São Paulo e case superando o Río de Xaneiro.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Minas Xerais esta sita entre os paralelos de 14º13'58" e 22º54'00" de latitude sur, e entre os meridianos de 39º51'32" e 51º02'35" ó oeste de Greenwich. É o segundo Estado brasilleiro en poboación total, con 18 millóns de habitantes. É tamén o Estado brasileiro co maior número de municipios, 853, ou sexa, 15,5% do total de municipios do Brasil.

A súa capital e a cidade máis poboada é Belo Horizonte, con 2,4 millóns de habitantes (máis de 5 millóns na súa rexión metropolitana, chamada Grande Belo Horizonte ou Grande BH). Outras cidades importantes son: Contagem (situada na Grande BH), Uberlândia, Juiz de Fora e Itabira.

Serra da Mantiqueira.
Parque Nacional do Caparaó.

As maiores altitudes están nas serras de Mantiqueira, de Espinhaço, de Canastra e no Parque Nacional do Caparaó, onde hai terreos localizados por riba dos 1700 metros. O punto culminante do estado é o Pico da Bandeira, con 2.891,9 metros de altitude, situado en divisa co estado do Espírito Santo.

Os climas predominantes en Minas Xerais son o tropical e o tropical de altitude. As rexións máis altas e o sur do estado presentan as temperaturas máis baixas, chegando próximas de 0 °C en invernos rigorosos na rexión da serra da Mantiqueira. Ó sur, sursueste, leste e centro do estado son rexistrados os maiores índices pluviométricos.

Noutro extremo, nas porcións norte e nordeste (parte do sertão brasileiro), as choivas escasas e as altas temperaturas fan esas rexións moi susceptibles á seca.

Hidrografía

[editar | editar a fonte]

O principal río do estado é o São Francisco, que nace na serra da Canastra a 1200 m de altitude e corta boa parte do estado. Outros ríos importantes son o Paranaíba e o Grande, que forman parte da conca hidrográfica do río Paraná.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Cantidade de poboaciónAno19.500.00019.800.00020.100.00020.400.00020.700.00021.000.00021.300.0002010201220142016201820202022Minas XeraisEstatísticas de poboaciónNota: Este gráfico xerouse automaticamente a partir de datos recollidos de Wikidata. Se precisa cambiar ou actualizar algún dos datos, fágao no propio Wikidata.

Economía

[editar | editar a fonte]

O Estado é un importante produtor de café, soia, leite, carne e outros produtos agropecuarios, e tamén de produtos de minería: ferro, aluminio, calcario e outros. Actualmente tamén a industria é moi importante: transformación mineral, siderurxia (aceiro), electrónica, automóbiles (Fiat, Iveco e Mercedes-Benz posúen fábricas no estado), ademais de téxtiles, alimentos e bebidas.

Outra actividade importante é o turismo. O estado, entre outros, ten como atractivos:

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]