Saltar ao contido

Oregón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Oregón
 Nome curto
OR (en) dende 1963
Oreg. (en)
Ore. (en) Editar o valor en Wikidata
 Nome orixinal
    Oregon (en) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
    State of Oregon (en) Editar o valor en Wikidata
 Alcume
    Beaver State (en) Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
Oregonian (en)
oregonien (fr)
Oregoner (en)
Oregonano (eo) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do emblema
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Epónimo
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
 Lema
 Himno
Características
 Lingua oficial
sen valor Editar o valor en Wikidata
 Economía
Implicados
 Xefe do goberno
Cargo: Governador do Oregon (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Tina Kotek (2023 - ) Editar o valor en Wikidata
 Órgano lexislativo
 Órgano executivo
 Máxima autoridade xudicial
 Autoridade executiva
Datas
 Fundación / creación
14 de febreiro de 1859 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
 Historia
Localización
 Situado en
 Sede
 Xeografía
 Continente
 Capital
 Comparte fronteira con
 Irmandado con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
454.000 (1902)
672.765 (1910) censo
783.389 (1920) censo
953.786 (1930) censo
1.089.684 (1940) censo
1.521.341 (1950) censo
1.768.687 (1960) censo
2.091.385 (1970) censo
2.633.105 (1980) censo
2.842.321 (1990) censo
3.421.399 (2000) censo
3.831.074 (2010) censo dos Estados Unidos de 2010, censo
4.028.977 (2015) balance demográfico
4.237.256 (2020) censo Editar o valor en Wikidata
 Número de fogares
   1.642.579 (2020) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   255.026 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   1.005 m Editar o valor en Wikidata
 Punto máis alto
    Monte Hood Editar o valor en Wikidata
 Punto máis baixo
 Porcentaxe área de auga
   2,43 % Editar o valor en Wikidata
 Temperatura mínima rexistrada
   −54 °F Editar o valor en Wikidata
 Temperatura máxima rexistrada
   117 °F Editar o valor en Wikidata
 Fuso horario
Códigos e identificadores
OpenStreetMap165476 Editar o valor en Wikidata
VIAF129543877 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000404058330 Editar o valor en Wikidata
TasteAtlasoregon Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/05kj_ Editar o valor en Wikidata
MeSHD009922 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
BNE: XX455336
Wikidata C:Commons

Oregón[1] é un estado dos Estados Unidos de América, situado ás beiras do océano Pacífico. Forma parte dos estados occidentais do país, deixando que o río Columbia debuxe gran parte da súa fronteira norte co estado de Washington. Do mesmo xeito, o río Snake delimita a súa fronteira co estado de Idaho ao leste, mentres que o paralelo 42o N define a súa fronteira meridional, lindando cos estados de California e Nevada.

Oregón foi o fogar de moitas nacións indíxenas durante miles de anos. Os primeiros comerciantes, exploradores e colonos europeos comezaron a explorar o que hoxe é a costa do Pacífico de Oregón a principios e mediados do século XVI. Xa en 1564, os españois empezaron a enviar barcos dende o nordeste das Filipinas, sucando a corrente de Kuroshio nuha ampla ruta circular polo norte do océano Pacífico. En 1592, Juan de Fuca emprendeu unha cartografía detallada e estudos das correntes oceánicas do noroeste do Pacífico, incluída a costa de Oregón, así como do estreito que leva agora o seu nome. As naves españolas non adoitaban desembarcar antes de chegar ao cabo Mendocino, en California, mais outros desembarcaban ou naufragaban nas costas de Oregón. Os relatos da tribo dos Nehalem falan de estraños e do descrubimento de obxectos, como anacos de cera de abella e dun vaso de prata con tapa, probablemente relacionados co naufraxio do San Francisco Xavier, en 1707.[2]

  1. En lingua inglesa: Oregon ou State of Oregon.
  2. "State of Oregon: Blue Book - Cultural Resources". sos.oregon.gov. Consultado o 27 de xuño de 2020.