Phragmites
| Phragmites Rango fósil: Campaniano-Recente [1] | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Planta con sementes de Phragmites australis en inverno | |||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Sinonimia[2] | |||||||||||||||
Phragmites é un xénero de catro especies de grandes xuncos perennes da familia Poaceae ao que pertencen as carrizas ou carrizos atopadas en zonas húmidas de rexións temperadas e tropicais do mundo.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]A World Checklist of Selected Plant Families, xestionada polo Kew Garden de Londres, acepta as seguintes catro especies neste xénero:[3][2]
- Phragmites australis (ou P. communis) (Cav.) Trin. ex Steud. – O xunco común cosmopolita, presente en Galicia
- Phragmites japonicus Steud. – Xapón, Corea, illas Ryukyu, Extremo Oriente Ruso
- Phragmites karka (Retz.) Trin. ex Steud. – África tropical, sur de Asia, Australia, algunhas illas do Pacífico, invasora en Nova Zelandia
- Phragmites mauritianus Kunth – centro e sur de África, Madagascar, Mauricio.

(de Om Skudbygning, Overvintring og Foryngelse de Eugen Warming, 1884)
Ecoloxía
[editar | editar a fonte]As zonas onde crecen Phragmites poden proporcionar alimento e abrigo a moitas aves, insectos e outros animais. Os beneficios para o hábitat adoitan ser óptimos cando estas zonas son menos espesas e a súa xestión pode promover un hábitat mais axeitado.[4] Algunhas evidencias indican que unha xestión a curto prazo cunha rotación de 1–2 anos podería maximizar a cantidade de aves e invertebrados.[5]
Usos
[editar | editar a fonte]Servizos aos ecosistemas
[editar | editar a fonte]A carriza P. australis proporciona servizos ao ecosistema como o secuestro de nutrientes, estabilización do solo e tratamento de augas.[4] Suxeriuse que debido á súa resistencia aos efectos do cambio climático, P. australis pode proporcionar servizos ao ecosistema beneficiosos que deben ser considerados en ecosistemas costeiros, mesmo alí onde se considera unha especie invasora.[6] Outros argumentaron que que os servizos ao ecosistema que se perden como resultado da invasión por esta especie superan os beneficios obtidos e os xestores deben responder controlando a invasión.[7]
Cultivo
[editar | editar a fonte]P. australis cultívase como planta ornamental en lugares acuáticos e de ribeira, como arredor dos lagos. A súa capacidade de colonización agresiva significa que debe ser situado con coidado.[8]
Tratamento de augas por fitorremediación
[editar | editar a fonte]Phragmites australis é unha das principais plantas de zonas húmidas usada para o tratamento de augas por fitorremediación.
As augas residuais de cuartos de baño e augas grises de cociñas drénanse a compartimentos baixo terra parecidos a tanques sépticos onde os residuos sólidos se deixan sedimentar. A auga entón flúe lentamente por unha zona húmida construída (lagunaxe) ou xunqueira artificial, onde a acción bacteriana de biorremediación na superficie das raíces e follas caídas elimina parte dos nutrientes en biotransformación. A auga é despois axeitada para o seu uso na rega, recarga de acuíferos ou liberación a cursos de auga naturais.
Tellados
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Teito (casa).
Os xuncos utilizáronse en moitas áreas para facer tellados en casas tradicionais.
Música
[editar | editar a fonte]
En países do Oriente Próximo os Phragmites úsanse para fabricar pequenos instrumentos musicais similares ao clarinete chamados sipsis, con un só tubo (coma na foto mostrada) ou con dous como nas gaitas.[9] A cana do zurna obtense do xunco común que se apana despois de reitarlle a súa fráxil capa exterior e a frouxa membrana interna, e despois amolentándoos humedecéndoa.[10] O resultado é unha dobre cana cunha abertura elíptica que vibra ao pecharse e abrirse a gran velocidade. Isto non se debe confundir con outras dobres canas como as do óboe, que usa dúas canas feitas do xunco xigante Arundo donax que se apoian unha contra a outra.
Alimentos
[editar | editar a fonte]As follas, raíces, sementes e talos de Phragmites son comestibles.[11] Os talos novos poden cociñarse ou comerse crus como se fai cos brotes de bambú. Os talos novos, "mentres aínda están verdes e carnosos, poden secarse e moídos formando un fino po, que cando se humedece se asa como malvarisco." As sementes e rizomas "poden ser moídas como fariña ou convertidas en papas."[12] No Xapón, as follas novas e secas moídas e mesturadas con fariña de cereal utilízanse para facer bolos de masa. Utilizar como pasto os Phragmites para grandes herbívoros domésticos, como vacas, cabalos, ovellas e cabras, pode servir para controlar a planta e proporciona un beneficio positivo recíproco para os humanos ao xerar carne, leite, coiro, la etc.[13]
Outros usos
[editar | editar a fonte]Algúns outros usos de Phragmites australis e outras canas en varias culturas son producir cestas, tapetes, cálamos para escribir (qalam) e papel.[14] Os apicultores poden utilizar as canas para facer a colmeas.[15]
Nas Filipinas, os Phragmites coñécese polo nome local tambo. Cando florecen en decembro as inflorescencias son colleitadas e unidas nun feixe formando vasoiras chamadas "walis".[16]
Tamén se usaron para facer frechas[17] e armas, como lanzas para a caza.[18]
Especie invasora e control
[editar | editar a fonte]Algúns Phragmites, cando se introducen por accidente ou intencionadamente, espállanse rapidamente. Nos trópicos e subtrópicos, Phragmites karka é unha especie invasora abundante.[19] Nos Estados Unidos, antes de 1910, só nunhas poucas áreas do noroeste crecían os haplotipos non nativos de Phragmites australis.[20] Porén, en 1960 os haplotipos non nativos atopáronse en mostras tomadas de costa a costa. Hoxe, nalgúns lugares como Míchigan, Phragmites australis (haplotipo M) converteuse no haplotipo dominante.[21][22] O problema é que a Phragmites australis non nativo invasor se espalla rapidamente polas marismas e zonas húmidas. Substitúe as plantas nativas, resta nutrientes e espazo para os peixes e a vida silvestre; bloquea o acceso á auga para nadar, pescar e outras actividades de recreo; estraga as vistas das ribeiras; e supón un perigo para os incendios.[23] Phragmites tamén altera a bioxeoquímica das zonas húmidas e afecta as ensamblaxes de especies de flora e fauna,[24] incluíndo que podería reducir a dispoñibilidade de nitróxeno e fósforo para outras plantas.[25]
Phragmites pode expulsar a vexetación competidora de dous xeitos. A súa considerable altura e densidade pode privar outras plantas da luz solar, e os compostos químicos que produce cando se descompón reducen a xerminación de sementes competidoras.[26] Entre outros efectos, os monocultivos resultado da súa invasión diminúen a heteroxeneidade espacial e temporal do hábitat e incrementan a homoxeneidade das aves.[27]
Recoñecer canto antes as forms non nativas de Phragmites cando empeza a invadir incrementa drasticamente as oportunidades da súa erradicación con éxito. Unha vez que se estableceu, a eliminación a man é case imposible.[23] As sementes ou rizomas poden rapidamente dar lugar a unha densa poboación. O tratamento químico é con diferenza o método máis utilizado en América do Norte.[28] Os dous ingredientes activos máis comúns dos herbicidas para o control de Phragmites son o glifosato e o imazapyr.[29][30] É importante seleccionar o herbicida apropiado para o lugar. Ademais, incluso un herbicida axeitado pode orixinar consecuencias non intencionadas, xa que unha gran cantidade de material vexetal en putrefacción (das plantas mortas polo herbicida) pode deprimir os niveis de oxíxeno na auga e matar os peixes dunha lagoa ou lago pequeno. Obtívose certo éxito usando cabras para que coman os Phragmites,[31] lumes controlados, e colleitas de arroz salvaxe nativo.[32] Cando se cortan baixo a auga, se cortan e despois se asolaga, ou se queiman e despois se asolaga, é importante que toda a zona con Phragmites estea completamente mergullada para que a planta non poida conseguir oxíxeno.[21]
Suxeriuse que o control biolóxico de pragas é o método con máis probabilidade de éxito, e aprobáronse introducións de biocontrois en América do Norte.[33] Desafortunadamente, os biocontrois poden destruír tamén as poboacións das subespecies nativas.[6] O biocontrol usando larvas de avelaíñas de dúas especies (Lenisa geminipuncta e Archanara neurica) está a investigarse en Ontario.[34]
Galería
[editar | editar a fonte]- Crecemento dun carrizal a principios de verán
- Carrizas en inverno, Sudbury, Massachusetts, Estados Unidos
- Phragmites en Amsterdam, Países Baixos
- Phragmites en Farmington, Utah[35]
- Phragmites australis nos Grandes Lagos
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Berry, E. W. (1914). "The Upper Cretaceous and Eocene floras of South Carolina and Georgia". U.S. Geological Survey Professional Paper 84: 11. Bibcode:1914usgs.rept...11B. doi:10.3133/pp84.
- 1 2 "Phragmites Adans.". Plants of the World Online. Royal Botanic Gardens, Kew. Consultado o 18 de abril de 2023.
- ↑ "Search: Phragmites". World Checklist of Selected Plant Families (WCSP). Consultado o 22 de xullo de 2020.
- 1 2 Kiviat, E. (2013). "Ecosystem services of Phragmites in North America with emphasis on habitat functions". AoB Plants. 5 (número de artigo: plt008). PMC 4104640. doi:10.1093/aobpla/plt008.
- ↑ Valkama, Elena; Lyytinen, Sami; Koricheva, Julia (2008-02-01). "The impact of reed management on wildlife: A meta-analytical review of European studies". Biological Conservation (en inglés) 141 (2): 364–374. Bibcode:2008BCons.141..364V. ISSN 0006-3207. doi:10.1016/j.biocon.2007.11.006.
- 1 2 Cronin, James T.; Kiviat, Erik; Meyerson, Laura A.; Bhattarai, Ganesh P.; Allen, Warwick J. (2016-09-01). "Biological control of invasive Phragmites australis will be detrimental to native P. australis". Biological Invasions (en inglés) 18 (9): 2749–2752. Bibcode:2016BiInv..18.2749C. ISSN 1573-1464. doi:10.1007/s10530-016-1138-x.
- ↑ Martin, Laura J.; Blossey, Bernd (2009). "A Framework for Ecosystem Services Valuation". Conservation Biology 23 (2): 494–496. Bibcode:2009ConBi..23..494M. ISSN 0888-8892. JSTOR 29738751. PMID 19323685. doi:10.1111/j.1523-1739.2009.01192.x.
- ↑ "RHS Plant Selector - Phragmites australis". Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2013. Consultado o 26 de maio de 2013.
- ↑ "hitite musician (second millennia B.C.) playing double sipsi". Arquivado dende o orixinal o 2016-09-13. Consultado o 2016-01-17.
- ↑ "Norwegian food, recipes from Norway, Norwegian news and link directory fromnorway.net". www.fromnorway.net. Arquivado dende o orixinal o 2005-09-12.
- ↑ "Tambo / Phragmites vulgaris / COMMON REED, Lu gen: Philippine Medicinal Herbs / Philippine Alternative Medicine". www.stuartxchange.com. Consultado o 2021-05-28.
- ↑ Peterson, Lee, "A Field Guide to Edible Wild Plants of Eastern and Central North America", páxina 228, Houghton Mifflin Company, Nova York, consultado o 6 de setembro de 2010.ISBN 0-395-20445-3
- ↑ Silliman, Brian R.; Mozdzer, Thomas; Angelini, Christine; Brundage, Jennifer E.; Esselink, Peter; Bakker, Jan P.; Gedan, Keryn B.; van de Koppel, Johan; Baldwin, Andrew H. (2014-09-23). "Livestock as a potential biological control agent for an invasive wetland plant". PeerJ. 2 (núemrod e artigo: e567). ISSN 2167-8359. PMC 4178463. PMID 25276502. doi:10.7717/peerj.567.
- ↑ "Phragmites Australis - Plants can be made into Paper". May Babcock, RI Artist (en inglés). 27 de xuño de 2013. Consultado o 2021-05-28.
- ↑ masonbeesforsale.com. "Top Nesting Materials for Solitary Bees". masonbeesforsale.com (en inglés). Consultado o 2021-05-28.
- ↑ Tagalog Lang (11 de outubro de 2020). "Tambo". Tagalog Language.
- ↑ William C. Sturtevant (1978) Handbook of North American Indians: Great Basin, p. 269, Government Printing Office. ISBN 0160045819, 9780160045813.
- ↑ Unaipon, D. (2001) Legendary Tales of the Australian Aborigines, p. 138, The Miegunyah Press, Melbourne. ISBN 0-522-85246-7.
- ↑ Nayak, Soumya Shree; Pradhan, Seema; Sahoo, Dinabandhu; Parida, Ajay (2020-03-23). "De novo transcriptome assembly and analysis of Phragmites karka, an invasive halophyte, to study the mechanism of salinity stress tolerance". Scientific Reports (en inglés) 10 (1): 5192. Bibcode:2020NatSR..10.5192N. ISSN 2045-2322. PMC 7089983. PMID 32251358. doi:10.1038/s41598-020-61857-8.
- ↑ Saltonstall, Kristin (2002-02-19). "Cryptic invasion by a non-native genotype of the common reed, Phragmites australis, into North America". Proceedings of the National Academy of Sciences (en inglés) 99 (4): 2445–2449. Bibcode:2002PNAS...99.2445S. ISSN 0027-8424. PMC 122384. PMID 11854535. doi:10.1073/pnas.032477999.
- 1 2 "Great Lakes Phragmites Collaborative. Linking people, information & action". www.greatlakesphragmites.net. Consultado o 2021-05-27.
- ↑ Gross, Bob. "Groups battle invasive species at St. Johns Marsh". The Detroit News (en inglés). Consultado o 2021-05-27.
- 1 2 "Invasive Phragmites australis: What is it and why is it a problem?". MSU Extension (en inglés). 22 de novembro de 2013. Consultado o 2021-05-28.
- ↑ Krzton-Presson, Amy; Davis, Brett; Raper, Kirk; Hitz, Katlyn; Mecklin, Christopher; Whiteman, Howard (2018). "Effects of Phragmites Management on the Ecology of a Wetland". Northeastern Naturalist 25 (3): 418–436. doi:10.1656/045.025.0308.
- ↑ Meyerson, Laura A.; Vogt, Kristiina A.; Chambers, Randolph M. (2000). Weinstein, Michael P.; Kreeger, Daniel A., eds. Linking the Success of Phragmites to the Alteration of Ecosystem Nutrient Cycles. Concepts and Controversies in Tidal Marsh Ecology (en inglés) (Dordrecht: Springer Netherlands). pp. 827–844. ISBN 978-0-306-47534-4. doi:10.1007/0-306-47534-0_36.
- ↑ Uddin, Md N.; Robinson, Randall W.; Caridi, Domenic (2014-01-02). "Phytotoxicity induced by Phragmites australis: an assessment of phenotypic and physiological parameters involved in germination process and growth of receptor plant". Journal of Plant Interactions 9 (1): 338–353. Bibcode:2014JPlaI...9..338U. ISSN 1742-9145. doi:10.1080/17429145.2013.835879.
- ↑ Robichaud, C.D.; Rooney, R.C. (2022). "Invasive grass causes biotic homogenization in wetland birds in a Lake Erie coastal marsh". Hydrobiologia 849 (14): 3197–3212. Bibcode:2022HyBio.849.3197R. doi:10.1007/s10750-022-04925-6.
- ↑ "Management Techniques | Great Lakes Phragmites Collaborative".
- ↑ Hazelton, Eric L. G.; Mozdzer, Thomas J.; Burdick, David M.; Kettenring, Karin M.; Whigham, Dennis F. (2014). "Phragmites australis management in the United States: 40 years of methods and outcomes". AoB Plants 6. PMC 4038441. PMID 24790122. doi:10.1093/aobpla/plu001.
- ↑ "Phragmites Control: Easily Kill Phragmites in your Pond or Lake". www.lakerestoration.com. Consultado o 2021-05-28.
- ↑ Network, Crystal Gammon for Yale Environment 360, part of The Guardian Environment (2014-10-22). "Are goats the answer to the reed choking US east coast marshes?". The Guardian (en inglés). Consultado o 2021-05-28.
- ↑ "Welcome Surprise: Wild Rice Seems to Deter Phragmites on Harsens Island". WGRT (en inglés). 2020-10-05. Consultado o 2021-05-28.
- ↑ Blossey, B.; Endriss, S.B.; Casagrande, R.; et al. (2020). "When misconceptions impede best practices: evidence supports biological control of invasive Phragmites". Biological Invasions 22 (3): 873–883. Bibcode:2020BiInv..22..873B. doi:10.1007/s10530-019-02166-8.
- ↑ Chandler, Justin. "Ontario scientists are using caterpillars to combat an invasive aquatic plant". CBC News. Consultado o 28 de maio de 2024.
- ↑ "Phragmites in Great Salt Lake". Phragmites in Great Salt Lake.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Common Reed (Phragmites) Species Profile, National Invasive Species Information Center, U.S. Department of Agriculture National Agricultural Library