Shizuoka (静岡市, しずおかし, Shizuoka-shi) é un concello e cidade da prefectura de Shizuoka no Xapón, capital da súa prefectura. Está situado ao sueste da rexión de Chūbu, ao leste da rexión de Tōkai e no centro da prefectura, no centro da illa de Honshū. Ten 1.411,82km² de superficie, unha poboación de 718.327 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 509 hab./km².
No ano 2003, após a fusión da antiga cidade de Shizuoka e a cidade de Shimizu fundouse a nova cidade actual de Shizuoka.