A fundación da localidade é en gran parte mítica. En 1155, o bispo Henrique de Uppsala chegou á rexión á cabeza da primeira cruzada sueca, evanxelizando varios pobos, entre eles a actual Taivassalo. No 2005 a localidade celebrou o seu 850 aniversario a pesar da falta de evidencia histórica.
Algúns anos despois construíuse unha igrexa de madeira, mentres que a igrexa de pedra foi construída por etapas entre finais do século XIII e o século XV. Taivassalo converteuse entón nunha comunidade pacífica adicada á pesca e ao comercio no Báltico.