Saltar ao contido

Tamaulipas

Tamaulipas
 Nome orixinal
    Tamaulipas (es) Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
    Tamaulipeco (it) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
 Instancia de
 Parte de
Implicados
 Xefe do goberno
 Órgano lexislativo
 Ten en propiedade
Datas
 Fundación / creación
1824 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Bañado por
 Continente
 Capital
 Contén división administrativa
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
   3.441.698 (2015) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   80.175 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   126 m Editar o valor en Wikidata
 Fuso horario
Fontes e ligazóns
Código postal87-89 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap2415518 Editar o valor en Wikidata
VIAF132512733 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01gfl1 Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Wikidata G:Commons C:Commons

Tamaulipas, oficialmente Estado Libre e Soberano de Tamaulipas, é un dos 31 estados, que xunto coa Cidade de México, conforman as entidades federais de México. O estado está dividido en 43 concellos e a súa cidade capital é Ciudad Victoria. Atópase no nordeste de México e limita cos estados de Nuevo León ao oeste, San Luis Potosí ao suroeste e Veracruz ao sueste. No norte, ten un treito de 370 km da fronteira entre os Estados Unidos e México co estado de Texas, e ao leste limita co golfo de México.[1] Ademais da capital, Ciudad Victoria, as meirandes cidades do estado son Reynosa, Matamoros, Nuevo Laredo, Tampico e Mante.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome Tamaulipas deriva do termo Tamaholipa, unha palabra huasteca no cal o prefixo tam- quere dicir "lugar (onde)". Non existe acordo académico sobre o significado de holipa, mais "outeiros altos" é unha interpretación común.[2] Outra explicación do nome do estado é que se deriva de Ta ma ho'lipam ("lugar onde os apaches lipan cazan").

  1. "Tamaulipas" (PDF). SRE. Arquivado (PDF) dende o orixinal o 21 de abril de 2011. Consultado o 7 de abril de 2011.
  2. "Historia". Gobierno do Estado de Tamaulipas. Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2010. Consultado o 7 de abril de 2011.