Saltar ao contido

Tour de Francia 2009

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaTour de Francia 2009
Mapa de localización
Imaxe
TipoTour de Francia Editar o valor en Wikidata
Deporteciclismo en ruta Editar o valor en Wikidata
Parte deUCI World Ranking de 2009 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento3.459,5 km Editar o valor en Wikidata
Lugar de saídaMónaco Editar o valor en Wikidata
Liña de metaParís Editar o valor en Wikidata
Número de participantes180, inicio
156, final Editar o valor en Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
PaísFrancia, Mónaco, España, Andorra, Suíza e Italia Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo4 de xullo de 2009 – 26 de xullo de 2009 Editar o valor en Wikidata
Número de edición96 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoAlberto Contador Editar o valor en Wikidata

2008 Editar o valor en Wikidata
2010 Editar o valor en Wikidata

A 96.ª edición do Tour de Francia, disputada dende o 4 ó 26 de xullo de 2009, estivo composta por 21 etapas nas que se percorreron un total de 3.459 km, incluíndo 93 km de contra o reloxo. A saída da carreira tivo lugar en Mónaco, e a chegada foi como sempre en París.

A chamada Grande Boucle visitou nesta edición un total de seis países: Mónaco, Francia, España, Andorra, Suíza e Italia (por orde cronolóxica).[1]

As novidades no Tour do 2009 foron a subida ó Mont Ventoux na penúltima etapa (substituíndo á tradicional contra o reloxo por unha xornada de alta montaña), a prohibición de empregar sistemas electrónicos de comunicación entre os ciclistas e os coches dos directores (o cal provocou a protesta dos equipos), e a recuperación da contra o reloxo por equipos.

O gañador final do Tour de Francia foi Alberto Contador. Nas outras clasificacións secundarias impuxéronse Franco Pellizotti (montaña e combatividade), Andy Schleck (mozos), Thor Hushovd (puntos) e Astana (equipos). O corredor que acadou un maior número de vitorias de etapa foi Mark Cavendish con 6 vitorias, todas elas ó sprint.

Etapa Data Percorrido km Gañador Líder
4 de xulloMónacoMónaco Etapa de media montaña15,5 (CRI)Suíza Fabian CancellaraSuíza Fabian Cancellara
5 de xulloMónacoBrignoles187 Mark CavendishSuíza Fabian Cancellara
6 de xulloMarsellaLa Grande-Motte196,5 Mark CavendishSuíza Fabian Cancellara
7 de xulloMontpellierMontpellier39,5 (CRE) AstanaSuíza Fabian Cancellara
8 de xulloCap d'AgdePerpiñán196,5Francia Thomas VoecklerSuíza Fabian Cancellara
9 de xulloXironaBarcelona181,5 Thor HushovdSuíza Fabian Cancellara
10 de xulloBarcelonaOrdino-Arcalís Etapa de montaña224Francia Brice FeilluItalia Rinaldo Nocentini
11 de xulloAndorra la VellaSaint-Girons Etapa de montaña176España Luis León SánchezItalia Rinaldo Nocentini
12 de xulloSaint-GaudensTarbes Etapa de media montaña160,5Francia Pierrick FédrigoItalia Rinaldo Nocentini
10ª 14 de xulloLimogesIssoudun194,5 Mark CavendishItalia Rinaldo Nocentini
11ª 15 de xulloVatanSaint-Fargeau192 Mark CavendishItalia Rinaldo Nocentini
12ª 16 de xulloTonnerreVittel211,5Dinamarca Nicki SørensenItalia Rinaldo Nocentini
13ª 17 de xulloVittel-Colmar Etapa de media montaña200Alemaña Heinrich HausslerItalia Rinaldo Nocentini
14ª 18 de xulloColmarBesanzón199 Serguei IvanovItalia Rinaldo Nocentini
15ª 19 de xulloPontarlierVerbier Etapa de montaña207,5España Alberto ContadorEspaña Alberto Contador
16ª 21 de xulloMartignyBourg-Saint-Maurice Etapa de montaña159Francia Sandy CasarEspaña Alberto Contador
17ª 22 de xulloBourg-Saint-MauriceLe Grand-Bornand Etapa de montaña169Luxemburgo Frank SchleckEspaña Alberto Contador
18ª 23 de xulloAnnecyAnnecy40,5 (CRI)España Alberto ContadorEspaña Alberto Contador
19ª 24 de xulloBourgoin-JallieuAubenas178 Mark CavendishEspaña Alberto Contador
20ª 25 de xulloMontélimarMont Ventoux Etapa de montaña167España Juan Manuel GárateEspaña Alberto Contador
21ª 26 de xulloMontereau-Fault-YonneParís164 Mark CavendishEspaña Alberto Contador

Clasificación Xeral

[editar | editar a fonte]
Alberto Contador, co maillot amarelo chegando a París na derradeira etapa do Tour 2009.

A clasificación xeral rematou do seguinte xeito:[2]

PosiciónCiclistaEquipoTempo
España Alberto Contador Astana 85h 48' 30″
2 Luxemburgo Andy Schleck Team Saxo Bank + 4' 11"
3 Lance Armstrong Astana + 5' 24"
4 Bradley Wiggins Garmin-Slipstream + 6' 01"
5 Luxemburgo Frank Schleck Team Saxo Bank + 6' 04"
6 Alemaña Andreas Klöden Astana + 6' 42"
7 Italia Vincenzo Nibali Liquigas + 7' 35″
8 Christian Vande Velde Garmin-Slipstream + 12' 04″
9 Checoslovaquia Roman Kreuziger Liquigas + 14' 16″
10 Francia Christophe Le Mével Française des Jeux + 14' 25″

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]