Tubinga[1] (en alemán:Tübingen) é unha cidade universitaria rica en tradicións, situada a beiras do río Neckar, e case 40km ao sur de Stuttgart, no Estado alemán de Baden-Württemberg. A vida da cidade está dominada polos seus 22.219 estudantes (semestre de verán 2007), dos cales aproximadamente 15.000 teñen a súa residencia alí. Por iso é polo que Tubinga sexa a cidade coa idade media máis baixa de Alemaña. Ademais, nunha clasificación realizada en 1995 pola revista Focus, Tubinga situouse como a cidade alemá con mellor calidade de vida.
Tubinga, do mesmo xeito que o resto da rexión, goza dos beneficios da alta industrialización do estado e en especial da súa capital Stuttgart. Este sector de Alemaña conta cunha das economías máis vigorosas da Unión Europea (UE).
Tubinga data de entre os séculos VI e VII, cando a rexión estaba poboada polos Alamáns. Hai indicios incluso de que a batalla de Solicinium foi en Spitzberg, unha montaña de Tubinga, arredor do 367 a.C., aínda que non hai probas. A cidade aparece en rexistros oficiais por primeira vez en 1191, e do castelo hai rexistros de 1078. O nome rematado no sufixo -ingen (Tubinga en alemán é Tübingen) é un indicador de que orixinariamente foi ocupada por tribos Alemás. En 1342 foi mercada polo conde Ulrich III e incorporada ao Condado de Württemberg.
Aínda que é moi difícil notar este tipo de cousas hoxe en día, recentemente nos anos 1950 a cidade estaba totalmente dividida socioeconomicamente, cos granxeiros e comerciantes máis pobres vivinto ao longo Stadtgraben (canle da cidade) e estudantes e académicos vivindo ao redor da Alte Aula e a Burse, os antigos edificios universitarios. Alí, colgados na Cottahaus hai un sinal que advirte da estancia de Goethe dunhas poucas semanas para visitar o seu editor. A tendencia alemá de memorizar cada pequena mostra de presenza de xente histórica (comparábel ao de "Washington durmiu aquí" nos Estados Unidos) é parodiada na porta do edificio do lado. Esta sinxela edificación dispón dun cartel coas verbas "Hier kotzte Goethe" (lit.:"Goethe vomitou aquí").
Na segunda metade do século XX a area administrativa de Tubinga se estendeu máis aló do que hoxe é chamado "cidade central" para incluír varias pequenas vilas periféricas. A máis notábel é Bebenhausen, unha vila agrupada ao redor dun castelo e a Abadía Cisterciense de Bebenhausen, aproximadamente a 3 quilómetros ao norte de Tubinga.