Valparaíso
| Valparaíso | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||||||||||
Valparaíso é unha cidade, porto e comuna de Chile, capital da provincia e rexión de Valparaíso. Sitúase uns 117 km da capital do país, Santiago de Chile. É o centro histórico, administrativo, universitario e principal núcleo urbano da Área Metropolitana de Valparaíso, que forma xunto ás comunas de Viña del Mar, Quilpué, Villa Alemana e Concón. Segundo o censo 2012 conta cunha poboación estimada de 300.000 persoas, que ascende a 1.040.000 habitantes se incluímos a súa conurbación, sendo a terceira cidade e área metropolitana máis poboada de Chile, por detrás da de Santiago e Concepción.
Valparaíso é sede do Congreso Nacional, da Comandancia da Armada de Chile e doutras institucións do Estado de carácter nacional como o Consello Nacional da Cultura e as Artes, a Subsecretaría de Pesca, os servizos de Aduanas e de Pesca e Acuicultura. É o principal porto de Chile e un dos máis importantes do Pacífico Sur.[1] Ademais a cidade é sede dalgunhas das universidades máis prestixiosas do país como a Pontificia Universidade Católica de Valparaíso, Universidade de Praia Ancha, Universidade de Valparaíso e Universidade Técnica Federico Santa María.
Geograficamente, a cidade preséntase en forma dun grande anfiteatro natural, na baía homónima e rodeada de cerros, nos cales vive a maior parte da poboación.[2] Entre o pé dos cerros e o mar fórmase o Plan, centro administrativo, comercial e financeiro da cidade; mentres o bordemar é ocupado polo porto.
Debido á súa riqueza arquitectónica desenvolvida principalmente a fins do século XIX,[3] en 2003 o seu centro histórico foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco, converténdose no terceiro sitio chileno protexido polo organismo internacional, tralo Parque Nacional Rapa Nui e 16 igrexas de Chiloé.[3]
O poeta chileno Pablo Neruda tiña unha casa na cidade.
Paisaxe urbana
[editar | editar a fonte]Alcumada "A Xoia do Pacífico", Valparaíso declarouse Patrimonio da Humanidade polo seu deseño urbano improvisado e a súa arquitectura única. En 1996, o Fondo Mundial de Monumentos declarou o infrecuente sistema de ascensores funiculares (vagóns con forte inclinación) de Valparaíso como un dos 100 tesouros históricos máis ameazados do mundo. En 1998, activistas de base convenceron o goberno chileno e as autoridades locais de solicitar o status de Patrimonio Mundial da UNESCO para Valparaíso. Valparaíso declarouse Patrimonio da Humanidade en 2003. Construída sobre ducias de ladeiras empinadas con vistas ao océano Pacífico, Valparaíso ten un labirinto de rúas e calexas empedradas, que encarnan un rico legado arquitectónico e cultural. Valparaíso está protexida como Patrimonio da Humanidade da UNESCO.
Desde a súa condición de Patrimonio da Humanidade, Valparaíso realizou varios cambios no seu tecido urbano no proceso de mantemento do seu patrimonio cultural.
Os lugares de interese inclúen:
- Igrexa da Matriz
- Praza de Aníbal Pinto
- Praza de Sotomayor, incluído o Edificio Armada de Chile
- Edificio Luis Cousiño
- Palacio de Xustiza
- 16 funiculares restantes (chamados ascensores): 15 públicos (monumentos nacionais) e 1 privado (que pertence ao "Hospital Carlos van Buren").
- O distrito histórico de Concepción e Alegre
- O outeiro Bellavista, que alberga o "Museo a Ceo Aberto" ou "museo ao aire libre"
- Monumento ao Almirante Lord Thomas Alexander Cochrane, 10º Conde de Dundonald
- Monumento a Manuel Blanco Encalada, primeiro presidente chileno
- Capilla del Carmen
- Cemiterios no Cerro Panteón–Cemiterio Número Un (católico) e no Cemiterio de Disidentes (protestante)
Galería
[editar | editar a fonte]- Funicular da Concepción, construído en 1883
- Unha rúa en Valparaíso
- Moitas casas en Valparaíso están pintadas de cores vivas
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ranking Portos 2015". AméricaEconomía. Consultado o 3 de agosto de 2015.[Ligazón morta]
- ↑ Cidade de Valparaíso. "Cerros de Valparaíso, o paréntesis visual da cidade". Archived from the original on 20 de setembro de 2011. Consultado o 30 de xaneiro de 2011.
- 1 2 "Barrio histórico da cidade portuaria de Valparaíso". Consultado o 2 de novembro de 2014.[Ligazón morta]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Valparaíso |
