Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Tetiñas Free foi un movemento social e reivindicativo xurdido en Galicia no verán de 1983 arredor da defensa do nudismo, da liberdade individual e da protección ambiental. O movemento naceu tras a detención dun grupo de persoas que practicaban nudismo na praia do Castro de Baroña, no concello do Porto do Son, e acabou converténdose nun referente da loita pola despenalización do nudismo en España. O nome Tetiñas Free, empregado inicialmente de forma irónica, popularizouse nos medios de comunicación e pasou a identificar un movemento que combinaba a reivindicación do naturismo coa denuncia da especulación urbanística e da degradación do litoral galego.
Alana é un trío musical galego formado por Antía Vázquez (Oleiros), Pablo Castro (Vimianzo) e Eloy Vidal (Ponteceso) en 2023. O grupo traballa co repertorio da música tradicional galega, tratando de darlle unha sonoridade máis moderna, achegándose ao pop ou á electrónica. O nome do grupo procede da voz celta alun, que fai referencia á harmonía.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
As autolisinas son encimas líticos endóxenos bacterianos que degradan os compoñentes do peptidoglicano das células bacterianas que permite a separación das células fillas despois da división celular. Están implicadas no crecemento celular, metabolismo da parede celular, división celular e separación, así como a reciclaxe do peptidoglicano e teñen funcións similares ás dos lisocimas. Tamén se atoparon autolisinas en clorófitas como Chlamydomonas nas que interveñen na degradación da parede celular.
Eclipse solar do 12 de agosto de 2026
A eclipse solar do 12 de agosto de 2026 será unha eclipse solar total. É a seguinte europea despois das que tiveron lugar o 11 de agosto de 1999 no norte de Francia, o sur de Bélxica, Luxemburgo, o sur de Alemaña, Austria, Hungría, o norte de Iugoslavia e Bulgaria; e o 29 de marzo de 2006 na illa de Kastelórizo en Grecia e o sur da Rusia europea. Esta será visíbel como total no extremo norte da Siberia rusa, no extremo oeste de Islandia, na illa danesa de Groenlandia e na maior parte da metade norte de España, ben como nunha pequena extremidade nordeste de Portugal, no distrito de Braganza.
Nabucco é unha traxedia lírica en catro partes, cada unha cun título (Xerusalén, O impío, A profecía e O ídolo), con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Temistocle Solera, baseada no Antigo Testamento e na obra Nabuchodonosor de Francis Cornue e Anicète Bourgeois. Foi estreada o 9 de marzo de 1842 no Teatro alla Scala de Milán. A acción da ópera conta a historia do rei Nabucodonosor II da Babilonia.
Steam é un servizo de distribución dixital de videoxogos desenvolvido por Valve Corporation. Foi lanzado en setembro de 2003 como unha forma para Valve de achegar actualizacións de xeito automático aos seus xogos, mais acabou ampliándose para incluír xogos que non son de Valve senón de terceiros. Steam ofrece protección contra a pirataría, servidores de emparellamento, transmisións de vídeo e servizos de redes sociais.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Xosé Santiago Neira Vilas, nado en Gres (Vila de Cruces) o 3 de novembro de 1928 e finado no mesmo lugar o 27 de novembro de 2015, foi un xornalista, recoñecido e premiado escritor galego en lingua galega e lingua castelá e dinamizador cultural, emigrante na Arxentina e Cuba, membro da Real Academia Galega, Medalla Castelao e Medalla de Ouro de Galicia, autor dunha ampla obra narrativa, na que destaca Memorias dun neno labrego (1961), o libro máis editado da historia da literatura galega. Cultivou tamén o ensaio, a poesía e a literatura infantil. A súa obra, tanto por calidade como por cantidade, converteuno nun clásico das letras de Galicia.
Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego.
Zënzar é unha banda de punk rock galega procedente de Meirama (Cerceda), e formada durante o outono do ano 1987. Son a banda con máis anos de actividade en Galiza facendo rock en galego, polo que son alcumados a miúdo como "os padriños do rock galego". O vocalista do grupo é o polifacético Xosé Bocixa.
Joaquín Domínguez Portela, coñecido como Elxokas, nado en Lugo o 13 de abril de 1991, é un influenciador, streamer, youtuber e creador de contido en Twitch e YouTube. Comezou como streamer en 2018 en Twitch creando contido do videoxogo World of Warcraft. En 2019, era xa o creador de contido máis grande da comunidade hispanofalante nesta categoría.
A procaína bencilpenicilina ou bencilpenicilina procaína (DCI), coñecida tamén como penicilina G procaína é un antibiótico beta-lactámico, do grupo das penicilinas, resultante da combinación da penicilina G (bencilpenicilina) cun anestésico local, a procaína. Esta combinación ten como finalidade reducir a dor e a incomodidade asociada coa voluminosa inxección intramuscular de penicilina. Trala administración dunha inxección intramuscular, o fármaco absórbese de vagariño na circulación e nunhas catro horas proporciona niveis hemáticos en meseta que van diminuíndo lentamente durante as seguintes 15-20 horas.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Rosario Porto Ortega, nada en Santiago de Compostela o 18 de decembro de 1969 e finada en Brieva o 18 de novembro de 2020, foi unha avogada galega non exercente, condenada, canda a seu esposo, Alfonso Basterra, polo asasinato da filla adoptiva de ámbolos dous, Asunta Basterra, en 2013. Rosario remataría suicidándose en prisión.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Sabela Ramil Rivera, coñecida artisticamente como Sabela, nada en Bravos (Ourol) o 1 de outubro de 1993, é unha cantante e compositora galega que se fixo coñecida pola súa participación no concurso musical de televisión Operación Triunfo, no ano 2018. En canto á súa voz trátase dunha voz de música popular rasgada, que entraría dentro do rango de mezzosoprano.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
Kevin Michael Costner, nado en Lynwood (California) o 18 de xaneiro de 1955, é un actor e director de cinema estadounidense. Gañou dous Premios Oscar, tres Globos de Ouro, un Emmy, e foi nomeado a tres BAFTA (British Academy of Film and Television Arts). É coñecido por interpretar a Eliot Ness en Os intocables de Eliot Ness, a Crash Davis en Os búfalos de Durham, a Ray Kinsella en Field of Dreams, ó Tenente John J. Dunbar en Dances with Wolves, Jim Garrison en JFK, Robin Hood en Robin Hood, príncipe dos ladróns, Frank Farmer en O escolta, e a Jonathan Kent en O home de aceiro.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
Memorias dun neno labrego é unha novela social e histórica do galego Xosé Neira Vilas, publicada na Arxentina o 5 de xaneiro de 1961 por Follas Novas, distribuidora de libros e editorial fundada polo propio autor e a súa muller, Anisia Miranda. É o segundo libro publicado polo autor, primeiro en prosa, despois do poemario Dende lonxe (1960). Memorias foi escrito en tres meses no café La Vieja Viena, do barrio porteño de Villa Urquiza.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Chanel S.A. é unha compañía francesa propiedade de Alain e Gerard Wertheimer, netos de Pierre Wertheimer, compañeiro de negocios de Gabrielle Bonheur Chanel. Chanel S.A. é unha casa da moda especializada na roupa de alta costura e de prêt-à-porter, nos produtos luxosos e nos accesorios. Na súa mocidade, Gabrielle Chanel gañou o alcume de Coco no tempo que foi cantante.
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2027
O Campionato Mundial da FIA de Fórmula 1 de 2027 será a 78ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Está recoñecido pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), o órgano de goberno internacional do automobilismo, como a máxima clase de competición para coches de carreiras de rodas aberta. O campionato disputarase nunha serie de carreiras, ou Grandes Premios, celebradas en todo o mundo.
Florence Nightingale Graham, nada en Woodbridge, Ontario, o 31 de decembro de 1881 e finada en Manhattan o 18 de outubro de 1966, coñecida co nome de negocios Elizabeth Arden, foi unha empresaria canadense-estadounidense que fundou Elizabeth Arden, Inc. e construíu un emporio de cosmética nos Estados Unidos de América.
O Trofeo Spagnolo é un torneo de fútbol amigable organizado dende 1995 polo Genoa na memoria de Vincenzo Claudio Spagnolo, seareiro do club asasinado antes dun partido de liga contra o Milan o 29 de xaneiro daquel mesmo ano. Xogado como un torneo triangular con partidos de 45 minutos nas súas tres primeiras edicións, desde 1998 disputouse cun único partido no estadio Luigi Ferraris entre o Genoa e un equipo convidado. Entre 1995 e 2012 o torneo celebrouse todos os anos agás en 2005, 2009 e 2011.
Patrimonio da Humanidade en Siria
A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) designa os Patrimonios da Humanidade de valor universal excepcional como patrimonio cultural ou patrimonio natural que foron propostos por países asinantes da Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, establecida en 1972. O patrimonio cultural está composto por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e sitios (incluídos os sitios arqueolóxicos). O patrimonio natural está composto por elementos naturais (formacións físicas e biolóxicas), formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluídos os hábitats das especies ameazadas de animais e plantas) e sitios naturais que son importantes desde o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural.
Departamento de Agricultura dos Estados Unidos
O Departamento de Agricultura dos Estados Unidos (en inglés, United States Department of Agriculture, USDA) é unha unidade executiva do Goberno Federal de EE. UU. O seu propósito é desenvolver e executar políticas de gandaría, agricultura e alimentación. A súa meta é entender nas necesidades dos produtores (granxeiros, rancheiros), promovendo o comercio agrícola e a produción, traballando para asegurar seguridade alimentaria, protexendo os recursos naturais, mellorar as comunidades rurais, e pór fin á fame. Foi creado o 15 de febreiro de 1889, en xurisdición do Goberno Federal dos Estados Unidos.
O Panteón de Galegos Ilustres atópase na igrexa do convento de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. Toda a igrexa é Panteón, aínda que só se estean usando a Capela da Visitación (ou de San Domingos en Suriano) e a Capela do Santo Cristo. Nel repousan os restos de galegos sobranceiros como a poeta Rosalía de Castro, o político rexionalista Alfredo Brañas, o escultor Francisco Asorey, o poeta Ramón Cabanillas, o xeógrafo Domingo Fontán e o artista e político nacionalista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
A columna vertebral, raque ou espiña dorsal é unha complexa estrutura osteofibrocartilaxinosa articulada e resistente, en forma de talo lonxitudinal, que constitúe a porción posterior e inferior do esqueleto axial. A columna vertebral é un órgano situado (na súa maior extensión) na parte media e posterior do tronco, e vai dende a cabeza (á cal sostén), pasando polo pescozo e as costas, até a pelve á cal lle dá soporte.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e hoxe ten un total de 232.875.
The Rapants é unha banda de indie e garage formada en Muros no ano 2018. Nada baixo a influencia do grupo Terbutalina, a súa andaina iníciase da man de Xanma e Samuel (Rapante), ambos guitarristas da vila aos que non tardaría en sumarse Matías ao baixo e sintetizadores. Cunha base musical apoiada en ritmos disco e guitarras indies característicos de agrupacións como The Smiths, The Growlers ou mesmo Novedades Carminha, o carácter destes catro mozos radica nunha actitude despreocupada e enérxica.
Orraca de Galicia, Castela e León
Dona Urraca ou Dona Orraca, nada en Burgos contra 1081 e finada en Saldaña de Burgos o 8 de marzo de 1126, foi raíña de Galicia, León, Castela e Toledo desde a morte do pai, o 30 de xuño de 1109, até o 8 de marzo de 1126. Era filla de Afonso VI e da súa terceira dona Costanza de Borgoña.
Os Yomiuri Giants (読売ジャイアンツ Yomiuri Jaiantsu) son un equipo profesional xaponés de béisbol con sede no barrio de Bunkyō de Tokyo. O club compite na Nippon Professional Baseball (NPB) como membro da Central League. O campo onde xogan os seus partidos como local desde 1988 é o Tokyo Dome, recinto con capacidade para 46.000 espectadores.
Club de Rugby Arquitectura Técnica (feminino)
O Club de Rugby Arquitectura Técnica, popularmente chamado polo seu acrónimo CRAT e por motivos de patrocinio CRAT Rialta, é o equipo feminino de rugby do club do mesmo nome con sede na cidade da Coruña. Se ben o CRAT foi fundado en 1976, o equipo feminino non se creou ata 1991. Na tempada 2026-27 xoga na División de Honra, a máxima categoría do rugby feminino español, competición que gañou dúas veces nas tempadas 2014-15 e 2018-19.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
A pornografía é o conxunto de materiais, imaxes, vídeos ou reproducións da realización de actos sexuais co fin de provocar a excitación sexual do receptor, etimoloxicamente procede do grego: πορνογραφíα, porne é "prostituta" e grafía, "descrición", é dicir, "descrición dunha prostituta". Designa en orixe, xa que logo, a descrición das prostitutas e, por extensión, das actividades propias do seu traballo. Hai que dicir, con todo, que o termo é de aparición moi recente pois na Antiga Grecia nunca se usou a palabra "pornografía".
Unha constelación é unha agrupación de estrelas cuxa posición no ceo nocturno é aparentemente tan próxima que as civilizacións antigas decidiron conectalas mediante liñas imaxinarias, trazando así figuras sobre a bóveda celeste. No espazo tridimensional, en cambio, as estrelas dunha constelación non están, necesariamente, fisicamente asociadas; ata poden atoparse distanciadas por centos de anos luz unhas doutras. Doutra banda, devanditos grupos son completamente arbitrarios, xa que distintas culturas recoñeceron constelacións diferentes.
Candy Candy (no orixinal en xaponés: キャンディ・キャンディ; Kyandi Kyandi) é un manga creado pola escritora Kyōko Mizuki, un dos pseudónimos de Keiko Nagita, e a mangaka Yumiko Igarashi, pseudónimo de Yumiko Fijii, publicado no Xapón por Kōdansha Ltd. desde 1975 a 1979 e gañou o primeiro premio Kodansha Manga para shōjo en 1977. A historia conta as vivencias dunha rapaza orfa chamada Candice "Candy" White.
Touchstone Pictures é un estudio de cine americano e un dos numerosos selos The Walt Disney Studios, propiedade de The Walt Disney Company. Fundado en 1984 como Touchstone Films, que normalmente estrea filmes que presentan temas máis maduros con tons máis escuros que os que son lanzados baixo a marca Walt Disney Pictures. Touchstone Pictures é un selo cinematográfico (semellante a un selo discográfico) que non existe como unha compañía separada: as dúas empresas das que depende son The Walt Disney Studios e Walt Disney Pictures and Television.
Revolución galega de 1846, levantamento de 1846, pronunciamento de 1846 ou sublevación liberal de 1846, son os nomes que recibe a revolta iniciada co pronunciamento do comandante Miguel Solís, o 2 de abril de 1846 en Lugo, contra o goberno conservador do xeneral Narváez. O alzamento aspiraba a obter un rápido triunfo en Galicia que se estendese a seguir polo resto do estado. Porén, nin conseguiu sumar todas as cidades galegas nin foi imitado noutras partes de España.
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.
Pontevedra é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. Limita ao norte coa provincia da Coruña, ao leste coa provincia de Ourense e a provincia de Lugo, ao sur con Portugal e ao oeste co océano Atlántico. A súa capital é a cidade de Pontevedra, con 82.828 habitantes en 2022, sendo Vigo a súa maior cidade cunha poboación de 292.374 habitantes (2022).
HTTP 404, 404 not found, 404, 404 error, page not found ou file not found é unha mensaxe de erro do código estándar de resposta do protocolo HTTP que indica que o cliente se puido comunicar co servidor pero que este non foi capaz de atopar o que se buscaba. Un erro 404 indica que o recurso buscado, xeralmente unha páxina web, pode estar dispoñible no futuro. O erro tamén pode aparecer cando un servidor non quere revelar se ten a información solicitada.
Bulgaria ( pronunciación ) (en búlgaro: България/Balgariya), oficialmente República de Bulgaria ( pronunciación ) (en búlgaro: Република България/Republika Balgariya) é un país situado ao sueste de Europa, na península dos Balcáns. Limita ao norte con Romanía, estando a maior parte da fronteira entre estes dous países conformada polo río Danubio, ao sur con Turquía e Grecia, o oeste con Macedonia do Norte e Serbia e está bañada ao leste polo Mar Negro. Foi aceptada na OTAN no ano 2004 e é membro da Unión Europea dende o 1 de xaneiro de 2007.
O Trofeo Teresa Herrera é un torneo futbolístico de carácter amigábel que ten lugar cada ano na cidade da Coruña, desde 1946. Dispútase dende os seus inicios no estadio de Riazor, sendo organizado primeiro polo Concello da Coruña e dende o ano 2000 polo Deportivo da Coruña. É o torneo amigábel de fútbol que máis edicións leva celebradas no mundo de xeito ininterrompido (79) e está considerado como un dos máis prestixiosos debido á máxima categoría que teñen os equipos que participaron na súa historia.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Mark Neary Donohue Jr., nado en Haddon Township (Nova Jersey) o 18 de marzo de 1937 e finado en Graz o 19 de agosto de 1975, alcumado "Captain Nice," foi un piloto de automobilismo estadounidense, coñecido pola súa habilidade para preparar o seu propio coche de carreiras, e levalo a vitoria. Donohue é probablemente o máis coñecido como o piloto de 1500 bhp "Can-Am Killer" Porsche 917-30 e como o gañador das 500 Millas de Indianápolis de 1972.
Os Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) constitúen un país soberano configurado como Estado federal constitucional composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico.
A Festa do Monte de Santa Trega, coñecida coloquialmente como Festa do Monte, é unha festa popular galega que se celebra a segunda fin de semana de cada mes de agosto no Monte de Santa Trega, na localidade pontevedresa da Guarda. Está declarada como festa de interese turístico galego desde o ano 2009.