Atlas (lúa)
| Atlas | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||
|
Epónimo
| |||||||
|
Designación provisional
| |||||||
|
Astro pai
| |||||||
| Características orbitais | |||||||
| Excentricidade orbital | 0,0012 | ||||||
| Semieixo maior | 137.700 km | ||||||
| Características físicas | |||||||
| Masa | 7 Eg | ||||||
| Albedo | 0,4 | ||||||
| Persoas e organizacións | |||||||
|
Descubridor/a
| |||||||
| Datas e cronoloxía | |||||||
|
Data descuberta
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
Atlas (en grego Άτλας) e un satélite interior de Saturno. Foi descuberto por Richard Terrile no 1980 (algúns días antes do 12 de novembro) a partir de imaxes do programa Voyager e foi temporalmente designado coma S/1980 S 28.[1] En 1983 recibiu oficialmente o nome de Atlas que provén da mitoloxía grega, porque el "sostén cos seus ombreiros os aneis" do mesmo xeito có Titán Atlas sostiña a Terra.[2] Foi tamén designado coma Saturno XV.
Características
[editar | editar a fonte]Atlas é o satélite máis próximo á beira externo do anel A, e a pesar do seu tamaño pensouse durante bastante tempo que era unha lúa pastor deste anel. Porén, agora é sabido que a beira exterior deste anel é mantido estable por unha resonancia orbital de 7:6 coas lúas moito máis masivas e distantes, Xano e Epimeteo.[3] No 2004, un anel moi feble e delgado que recibiu a designación provisional R/2004 S 1, foi descuberto dentro da órbita de Atlas.[4]
Imaxes de alta resolución feitas pola sonda Cassini en xuño do 2005 revelaron unha especie "cinto", unha especie de michelín ó longo do ecuador. A explicación máis plausible para esta rara e prominente estrutura é que o material que é varrido pola lúa, é acumulado por esta preferentemente no ecuador debido ó pequeno grosor do anel. De feito, o tamaño ecuatorial da lúa e comparable ó tamaño esperado para o seu lóbulo de Roche. Isto podería significar que chegados a certo punto, as partículas que pretendan acumularse no ecuador, veríanse arredadas da lúa ó supera-la forza centrifuga da lúa á da súa propia gravidade.[3]
Atlas está significativamente perturbada por Prométeo e dun xeito máis suave por Pandora, chegando a variacións na súa lonxitude (orbital) de 600 km (~0,25°) respecto do que debería se-la súa órbita kepleriana, estas variacións suceden ó longo dun período de 3 anos. Dende que se coñece que as órbitas de Prométeo e Pandora son caóticas, tamén se comezou a sospeitar que a órbita de Atlas tamén o é.[5]
Galería
[editar | editar a fonte]- Atlas, vista pola Cassini o 8 de xuño do 2005
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ IAUC 3539: 1980 S 28 13 de novembro do 1980 (descubrimento)
- ↑ IAUC 3872: Satellites of Jupiter and Saturn 30 de setembro de 1983 (nomeando a lúa)
- 1 2 E. Lakdawalla (13 de xuño do 2007). The Planetary Society weblog, ed. "Funny little Atlas". Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2012. Consultado o 05 de marzo de 2010.
- ↑ IAUC 8401: S/2004 S 3, S/2004 S 4, and R/2004 S 1 9 de setembro do 2004
- ↑ Spitale, J. N.; e o seu equipo. (2006). "The orbits of Saturn's small satellites derived from combined historic and Cassini imaging observations". The Astronomical Journal 132 (2): 692–710. doi:10.1086/505206. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2016. Consultado o 05 de marzo de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Atlas ProfileArquivado 09 de xuño de 2007 en Wayback Machine. by NASA's Solar System Exploration (en inglés)
- The Planetary Society: Atlas (en inglés)
- NASA factsheet (en inglés)