Helena (lúa)
| Helena | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||
|
Epónimo
| |||||||
|
Designación provisional
| |||||||
|
Astro pai
| |||||||
| Características orbitais | |||||||
| Excentricidade orbital | 0,0022 | ||||||
| Inclinación orbital | 0,199 ° | ||||||
| Período orbital | 2,736915 d | ||||||
| Semieixo maior | 377.396 km | ||||||
| Características físicas | |||||||
| Diámetro | 35,2 km | ||||||
| Masa | 11 Eg | ||||||
| Albedo | 1,67 | ||||||
| Datas e cronoloxía | |||||||
|
Data descuberta
| |||||||
| Localización | |||||||
|
Localización descubrimento
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
Helena (ou en grego Ἑλένη) é unha lúa de Saturno. Foi descuberta por Pierre Laques e Jean Lecacheux no ano 1980, a patir de observacións terrestres feitas no Observatorio Pic du Midi, e recibiu a designación temporal S/1980 S 6.[1] No ano 1988 foi oficialmente bautizada co nome de Helena de Troia, quen era neta de Cronus (Saturno) na mitoloxía grega.[2] A lúa tamén é coñecida coma Saturno XII e Dione B,[3] xa que esta lúa é co-orbital da lúa Dione e está situada no punto de Langrage de vangarda (L4). É unha das catro lúas troianas que existen no sistema de satélites de Saturno, as outras tres son: Calipso, Telesto e Polideuco, a outra troiana de Dione.
Exploración
[editar | editar a fonte]A imaxes de Helena tomadas máis de preto son da sonda Cassini, que sobrevoou a lúa a unha distancia de 1800 km o 3 de marzo do 2010.
Galería
[editar | editar a fonte]- Imaxe tomada pola Cassini o 3 de marzo do 2010
- A cara da lúa que mira a Saturno, iluminada polo resplandor do propio planeta.
- Vista en primeiro plano de Helena con Saturno de fondo.
- Imaxe tomada pola Cassini en novembro do 2008
- Imaxe tomada pola Cassini en xullo do 2007
- Imaxe tomada pola Voyager 2 en agosto de 1981
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ IAUC 3496: Satellites of Saturn 31 de xullo de 1980 (descubrimento)
- ↑ IAUC 4609: Satellites of Saturn and Uranus 8 de xuño de 1988 (bautizo da lúa)
- ↑ Transactions of the International Astronomical Union, Vol. XVIIIA, 1982 (mencionado en IAUC 3872: Satellites of Jupiter and Saturn, 30 de setembro de 1983)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Helene Profileby NASA's Solar System ExplorationArquivado 20 de novembro de 2015 en Wayback Machine. (en inglés)
- The Planetary Society: Helene (en inglés)
- Helene has two facesArquivado 16 de xuño de 2010 en Wayback Machine. - The Planetary Society : Helene Mini Atlas - 11 de marzo do 2010 (en inglés)