Saltar ao contido

Tarazona

Tarazona
 Nome orixinal
    Tarazona (es) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
    Tarazona (es) Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
turiasoniensi (it)
Turiasoniense (es)
turasoniensa (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Características
 Situación patrimonial
Implicados
 Xefe do goberno
Historia
 Acontecementos importantes
 Substitúe
Turiasso (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Situado na entidade eclesiástica
 Continente
 Capital
 Contén núcleo de poboación
 Diocese
 Irmandado con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
10.564 (2001) rexistro civil
10.667 (2002) rexistro civil
10.774 (2004) rexistro civil
10.875 (2005) rexistro civil
11.027 (2006) rexistro civil
10.991 (2007) rexistro civil
11.095 (2008) rexistro civil
11.211 (2009) rexistro civil
11.131 (2010) rexistro civil
11.121 (2011) rexistro civil
11.050 (2012) rexistro civil
10.863 (2013) rexistro civil
10.864 (2014) rexistro civil
10.759 (2015) rexistro civil
10.713 (2016) rexistro civil
10.538 (2017) rexistro civil
10.509 (2018) rexistro civil
10.533 (2019) rexistro civil
10.558 (2020) rexistro civil
10.494 (2021) rexistro civil
10.565 (2022) rexistro civil
10.720 (2023) rexistro civil
10.803 (2024) rexistro civil
10.873 (2025) rexistro civil Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   5.277 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   5.256 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   244 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   480 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal50500 Editar o valor en Wikidata
Código INE50251 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap346302 Editar o valor en Wikidata
VIAF143797709 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/05mg3r Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
BNE: XX452036
Wikidata C:Commons

Tarazona é un concello español da comunidade autónoma de Aragón, situado na provincia de Zaragoza e cabeza da comarca de Tarazona e o Moncayo. Tamén é sede dun bispado. A súa poboación, en 2005, era de 10.875 habitantes

Áchase no val medio do río Queiles, a unha distancia de 86 km da capital autonómica, Zaragoza, a 20 km do monte Moncayo e o seu parque natural e a 15 km do mosteiro de Veruela. Pese a non estar situada nun dos principais eixes de comunicación, a industria exerce un papel moi importante na súa economía.

Durante a época romana Tarazona foi unha próspera cidade, cuxos habitantes adquiriron o dereito romano (é dicir, gozaban de pleno dereita a cidadanía romana), de nome Turiaso. No Baixo Imperio, a cidade, que adquirira rango episcopal, viuse atacada durante a rebelión dos bagaudas, que a saquearon e asasinaron o seu bispo. Coa caída do imperio sufriu, igual que o resto de zonas urbanas, a decadencia, que sería compensada logo da invasión islámica.

Tarazona foi reconquistada en 1119 por Afonso I de Aragón, recuperando a sé episcopal. Despois da morte de Afonso I, Tarazona ficou como unha cidade fronteiriza entre Castela, Navarra e Aragón, logrando especial importancia estratéxica.

Durante toda a Idade Media conviviron na cidade cristiáns, xudeus e musulmáns. A presenza musulmá ficou reflectida na arquitectura de edificios de estilo mudéxar, como a catedral. Coa expulsión dos mouriscos, a cidade sufriu unha profunda crise.

No século XIV, foi ocupada polas tropas castelás durante nove anos, ao longo dos cales a catedral sufriu diversos danos.

Xa no século XX, converteuse nun importante centro industrial, especialmente na produción de fósforos e téxtil, que a partir dos anos 80 foron substituídas por outras industrias. Actualmente ten unha importante actividade turística, para o que ten bos hoteis e restaurantes e unha excelente cociña rexional.

Lugares de interese

[editar | editar a fonte]

Tarazona é unha esvelta cidade monumental. Destaca a maxestosa catedral de Nosa Señora da Horta de estilo gótico-mudéxar, que leva a restaurarse desde ha máis de 20 anos.

De grande interese é tamén a fachada da Casa do Concello, do século XVI, xunto coa portada renacentista coas figuras de Hércules (suposto mítico fundador da cidade), Pierres, Caco (seres mitolóxicos supostos habitantes do próximo Moncayo) e da procesión de coroamento do emperador Carlos V en Boloña. A praza, antigo lugar onde se celebraba o mercado urbano, é lembrada por Gustavo Adolfo Bécquer nas súas Rimas y Leyendas.

Outros lugares

[editar | editar a fonte]

O conxunto monumental da Xudaría, corresponde ao antigo barrio dos hebreos da cidade.

Ademais, entre outras edificacións:

  • Convento de Nª. Sª. da Mercé, dos séculos XVI e XVIII.
  • Convento das Carmelitas de Santa Ana, do s. XVII.
  • Convento das Franciscanas de Nª. Sª. da Concepción, dos séculos XIV e XVI.
  • Convento de Carmelitas de San Xoaquín, do século XVII.
  • Convento de San Gaudioso, do século XVIII.
  • Igrexa da Magdalena, dos séculos XII e XVI, con alto campanario mudéxar.
  • Igrexa de San Atilano, do século XVIII.
  • Igrexa de San Miguel, dos séculos XIV e XVI.
  • Igrexa de San Vicente Mártir, do século XVII.
  • Igrexa de San Francisco, do século XVI.
  • Igrexa do Carmo, do século XVIII.
  • Ermida da Virxe do Río, do século XVII.
  • Pazo Episcopal, dos século XIV - XV; o pazo acolle a Exposición Permanente de Arqueoloxía.
  • Casa de Linares, dos séculos XVI e XVII.
  • Teatro Vello, edificio dos séculos XVI-XVII.
  • Praza de Touros Vella, de 1792, de forma octogonal, convertida en vivendas civís.
  • Teatro das Artes, teatro de tipo italiano de 1921.
  • Mesquita de Tortiles, antiga mesquita islámica.
  • Pazo e Xardín de Eguaras, do século XVI.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]