Saltar ao contido

Tauste

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tauste
 Nome orixinal
    Tauste (fr) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
    Tauste (es) Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
taustani (it)
taustano (es)
taustana (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe
 Instancia de
Implicados
 Xefe do goberno
Localización
 Situado en
 Continente
 Capital
 Contén núcleo de poboación
 Irmandado con
Langhirano (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
6.978 (2001) rexistro civil
7.207 (2002) rexistro civil
7.289 (2004) rexistro civil
7.412 (2005) rexistro civil
7.503 (2006) rexistro civil
7.489 (2007) rexistro civil
7.690 (2008) rexistro civil
7.710 (2009) rexistro civil
7.567 (2010) rexistro civil
7.484 (2011) rexistro civil
7.382 (2012) rexistro civil
7.190 (2013) rexistro civil
7.027 (2014) rexistro civil
6.941 (2015) rexistro civil
6.933 (2016) rexistro civil
6.892 (2017) rexistro civil
6.914 (2018) rexistro civil
6.912 (2019) rexistro civil
6.847 (2020) rexistro civil
6.777 (2021) rexistro civil
6.817 (2022) rexistro civil
6.828 (2023) rexistro civil
6.817 (2024) rexistro civil
6.838 (2025) rexistro civil Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   3.461 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   3.451 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   405,232562 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   267 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal50660 Editar o valor en Wikidata
Código INE50252 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap346305 Editar o valor en Wikidata
VIAF300714679 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02z9vqs Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
BNE: XX454599
Wikidata C:Commons

Tauste (Taust en lingua aragonesa) é un concello aragonés da provincia de Zaragoza, pertencente á comarca das Cinco Villas e ao partido xudicial de Ejea de los Caballeros. Desde o punto de vista eclesiástico, pertence á diocese e arquidiocese de Zaragoza.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O termo municipal ten 405 km². A capital, situada a 267 metros de altura, está a 42 km da capital, Zaragoza. É a máis meridional das Cinco Vilas de Aragón e atópase situada na marxe esquerda do río Arba próximo á súa desembocadura no río Ebro. Limita ao norte con Ejea de los Caballeros e Castejón de Valdejasa. Ao sur co río Ebro, Gallur e Pradilla de Ebro. Ao leste con Zaragoza e Remolinos. E ao oeste coas Bardenas de Navarra.

As súas orixes son difíciles de precisar e aínda que existen numerosos restos de distintas épocas, non dispomos de datos ata o século VIII.

O núcleo primitivo da vila, cun trazado de rúas estreitas, tortuosas e ruelas sen saída recórdanos a súa orixe árabe. En 1105, Afonso I incorporouna ao Reino de Aragón tras a súa reconquista, pero o empuxón definitivo para a súa consolidación e desenvolvemento produciuse coa concesión dunha Carta de Poboación que propiciou a súa primeira expansión urbana ao favorecer o asentamento no lugar de novos poboadores, atraídos polas condicións fixadas no documento.

Nos séculos posteriores construíronse os seus edificios máis senlleiros: a torre e igrexa de Santa María, as igrexas de San Antón e San Miguel, o mosteiro de San Jorge e o santuario da Virxe de Sancho Abarca.

Xa no século XIII sangrouse o río Arba e pouco despois iniciouse a construción do Canle de Tauste, dando orixe a unha das canles de rega máis antigas do país. Deste xeito, os momentos de maior auxe económico e crecemento demográfico déronse no Renacemento. A vida viraba ao redor dunha potente gandería lanar, organizada en torno a Casa de Gandeiros, e a unha agricultura en auxe polo movemento roturador e o avance do regadío.

Ao longo do século XX dáse o despregamento definitivo. En 1954 aprobouse o Plan Xeral de Colonización de Bardenas e creáronse dúas pequenas aldeas no termo de Tauste: Sancho Abarca, Santa Engracia e Ejea de los Caballeros. Nos últimos anos estase dando un forte desenvolvemento en todos os sentidos. Nos Polígonos instaláronse novas empresas e seguen latentes as expectativas de desenvolvemento agrícola coa posta en marcha da segunda parte do Plan Bardenas.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Evolución demográfica do municipio de Tauste
19001920194019601981199019951998
Poboación4.6305.7816.2146.6347.0487.2127.0306.998
19992000200120022003200420052006
Poboación6.9776.9326.9787.2077.2477.2897.4127.503