Nesta localidade hai varios barrios que foron evolucionando co tempo. Desde a zona vella, onde se sitúan o concello e a igrexa, a localidade foise estendendo. Cara ao norte, indo pola antiga estrada de Pamplona, as adegas de Julián Chivite e Cirbonera levaron a formar un barrio denominado La Jamaica, formado por varias rúas de vivendas unifamiliares; actualmente, esta zona está en grande expansión. Subindo cara á estrada de Madrid atópase o barrio de Corella, case ao final da vila.
Como produtos típicos atopamos produtos de horta como o espárrago, ou a alcachofa de penca (variedade distinta da alcachofa típica).
O cultivo da vide é de grande importancia cultural e económica na cidade e posúe varias adegas que como a de Julián Chivite Marco, de prestixio internacional.
Nota: Este gráfico xerouse automaticamente a partir de datos recollidos de Wikidata. Se precisa cambiar ou actualizar algún dos datos, fágao no propio Wikidata.