Saltar ao contido

Irurtzun

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Irurtzun
 Nome oficial
    Irurtzun (eu) dende 1989 Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
    irurtzundar (eu) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe
 Instancia de
Características
 Lingua oficial
Implicados
 Xefe do goberno
Localización
 Situado en
 Continente
 Comparte fronteira con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
1.991 (1996) rexistro civil
1.974 (1998) rexistro civil
2.019 (1999) rexistro civil
2.112 (2000) rexistro civil
2.188 (2001) rexistro civil
2.244 (2002) rexistro civil
2.234 (2004) rexistro civil
2.209 (2005, 2018) rexistro civil
2.192 (2006) rexistro civil
2.200 (2007) rexistro civil
2.248 (2008) rexistro civil
2.225 (2009) rexistro civil
2.230 (2010) rexistro civil
2.279 (2011) rexistro civil
2.302 (2012) rexistro civil
2.300 (2013) rexistro civil
2.223 (2014) rexistro civil
2.194 (2015) rexistro civil
2.187 (2016) rexistro civil
2.183 (2017) rexistro civil
2.209 (2018) rexistro civil
2.233 (2019) rexistro civil
2.247 (2020) rexistro civil
2.296 (2021) rexistro civil
2.299 (2022) rexistro civil
2.316 (2023) rexistro civil
2.316 (2024) rexistro civil
2.296 (2025) rexistro civil Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   1.080 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   1.153 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   3,5 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   484 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal31.860 Editar o valor en Wikidata
Código INE31904 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap339671 Editar o valor en Wikidata
VIAF316735332 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/08d0x1 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
BNE: XX4730127
Wikidata C:Commons

Irurtzun (en castelán: Irurzun) é un concello de Navarra, situado no meiriñado de Pamplona, na bisbarra de La Barranca, no val de Arakil e a 20 km da capital da comunidade, Pamplona. A súa poboación en 2013 foi de 2.300 habitantes (INE), o seu termo municipal ten unha superficie de 3,5 km² e a súa densidade de poboación é de 657,14 hab./km².

Atópase na confluencia das autovías A-10, que comunica Iruñea con Vitoria e A-15, que comunica Iruñea con Donostia.

Topónimo

[editar | editar a fonte]
Flor de engo.

O topónimo Irurtzun provén do éuscaro, aínda que ten un significado dubidoso. Segundo o filólogo Mikel Belasko podería estar relacionado co nome da planta chamada zihaurri (en certas variantes dialectais ihaurri), que se corresponde co engo ou sabugueiriño. Segundo esta hipótese, o nome da planta (z)ihaurri iría acompañado do sufixo abundancial -tze ou tzu e do sufixo -un, variante de une, que significa lugar. Así, o significado etimolóxico último de Irurtzun sería lugar con abundancia de engo.

A documentación máis antiga que nomea esta poboación data do século XIII. Nela é mencionada baixo os nomes Yrurçun, Hirurçu, Irusun, Irurçun ou Içurçun.

O nome vasco e castelán da localidade difiren na súa pronunciación e forma de escribir, aínda que orixinalmente eran comúns. Da forma orixinal Irurçun pasou en castelán a Irurzun, mentres que en lingua vasca mantivo a pronunciación orixinal, que actualmente se transcribe como Irurtzun. En 1996, cando o concello de Irurzun constituíuse en concello independente separándose de Arakil adoptou como denominación oficial a variante vasca do topónimo.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Irurtzun atópase no extremo oriental do corredor da Barranca, ó pé dos montes Erga (1088 msnm) e Gaztelu (996 msnm). Devanditos montes conectan coa Serra de Aralar e Andia respectivamente.

Dos Hermanas, Ardubil, Aralar, San Martín, Ardanzeta, Urbasa, Aldapa...

Localidades limítrofes

[editar | editar a fonte]

O concello limita polo norte con Latasa e Aguinaga, polo sur con Izurdiaga, polo leste con Aizcorbe e polo oeste con Etxeberri.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Cantidade de poboaciónAno1950200020502100215022002250230023501995200020052010201520202025IrurtzunEstatísticas de poboaciónNota: Este gráfico xerouse automaticamente a partir de datos recollidos de Wikidata. Se precisa cambiar ou actualizar algún dos datos, fágao no propio Wikidata.